A Coruña acollerá a 11ª Xornada de Nais e Pais Educando en Igualdade: Coeduca no Deporte – Coruña acogera la undécima jornada de padres ‘Educando en Igualdad: Coeduca en el deporte’
Igualdad celebra una jornada de padres dedicada a la coeducación en el deporte
IGUALDADE CELEBRA UNHA XORNADA DE NAIS E PAIS DEDICADA Á COEDUCACIÓN NO DEPORTE
- Un dos obxectivos é transmitir ás familias a importancia de apoiar a libre elección e participación das súas fillas e fillos na práctica deportiva, evitando estereotipos de xénero que mediaticen a dita práctica.
- O ex xogador de baloncesto Fernando Romay e a ex ximnasta galega Marta Bobo son algúns dos participantes na mesa redonda sobre deporte para todos e todas.
Santiago, 23 de Setembro de 2010.- A Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Educación realizarán o próximo 2 de outubro a undécima edición da Xornada de Nais e Pais Educando en Igualdade, que este ano estará dedicada á coeducación no deporte, e na que poden participar as familias, nais, pais, nenas e nenos.
Esta xornada, que se inserta no ámbito das políticas de coeducación que desenvolve a Xunta de Galicia, quere incidir na idea da necesaria colaboración entre a institución familiar e a escolar no ámbito da educación en igualdade. Unha colaboración que a Secretaría Xeral da Igualdade quere facer extensiva a todas aquelas institucións con responsabilidade en políticas de dirección e xestión no eido deportivo, de cara á promoción e organización de actividades deportivas non sexistas.
“A educación en igualdade é o noso obxectivo, pero tamén unha cuestión de concienciación á que esperamos contribuír para conseguir que se torne en realidade”, indicou a secretaria xeral da Igualdade, Marta González.
Evitando estereotipos
Un dos obxectivos é tentar transmitir ás familias o importante labor que poden realizar co fin de apoiar a libre elección e participación das súas fillas e fillos na práctica deportiva, evitando estereotipos de xénero que mediaticen a dita práctica. De cara ao profesorado, quérese incidir na importancia de potenciar a coeducación nas clases de educación física para que se dean unhas relacións de xénero máis simétricas; para que tanto rapazas como rapaces se sintan a gusto nelas e teñan as mesmas oportunidades de expresarse a través do deporte.
Compañeros de élite
Durante a xornada, que terá lugar o 2 de outubro nas instalacións de INEF Galicia, preto da praia de Bastiagueiro (Oleiros-A Coruña), terá lugar unha mesa redonda con coloquio sobre “Deportes para todas e todos”, no que participarán a doutora en Ciencias da Educación, fundadora e actual codirectora do Seminario Muller e Deporte do INEF de Madrid, e membro da Comisión Muller e Deporte do Comité Olímpico español, Benilde Vázquez, o ex xogador de baloncesto e dinamizador de deporte escolar Fernando Romay, a ex deportista de élite na ximnasia rítmica e profesora do INEF de A Coruña, Marta Bobo, e a profesora da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, Marián Fernández.
Juegos recreativos en familia
En paralelo, as cativas e cativos realizarán un circuíto de actividades en función da súa idade: xogos recreativos para os de 3 a 5 anos, xogos deportivos para os de 6 a 9 anos e xogos alternativos para as miúdas e miúdos de entre 20 e 12 anos.
As actividades conxuntas estarán centradas na práctica de diferentes deportes e actividades que as familias practicarán en conxunto. Ademais, ao longo da xornada realizaranse actividades de multiaventura e de exhibición que se realizarán en parellas, como tiro con arco e tutelo, escalada no rocódromo ou orientación deportiva.
Esta actividade está aberta a todas as familias galegas para que asistan coas súas fillas e fillos. As interesadas poderán inscribirse, ata o 24 de setembro, a través do formulario que está na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade www.mulleresengalicia.es