Teenage Fanclub clausura el ciclo ‘Xacobeo importa’

O CONCERTO DO GRUPO TEENAGE FANCLUB O VINDEIRO 3 DE DECEMBRO EN SANTIAGO PECHARÁ O CICLO XACOBEO IMPORTA

El concierto del Grupo Teenage Fanclub el próximo 3 de diciembre en Santiago de Compostela cerrará el ciclo ‘Xacobeo Importa’

 

  • A banda formada por Norman Blake e Gerard Love actuará na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde presentará as cancións do seu último disco ‘Shadows’ e os seus grandes éxitos.

 

Santiago, 21 de setembro de 2010.- O grupo Teenage Fanclub será o encargado de pechar o ciclo Xacobeo Importa cun concerto que ofrecerá o próximo 3 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. A banda chega a Galicia dez anos despois da súa última actuación na comunidade galega para presentar as cancións do seu último disco Shadows, xunto conalgúns dos seus grandes éxitos.

A banda formada por Norman Blake e Gerard Love é autora de discos clásicos como Bandwagonesque e Grand Prix, e nas súas composicións atópanse influencias dos Beach Boys, The Byrds, Beatles ou Big Star. Pese a contar co apoio da prensa especializada e da súa gran facilidade para crear boas cancións, nunca chegaron a ser un grupo de masas aínda que os seus discos e xiras sempre contaron cunha lexión de seguidores dentro do circuíto alternativo.

Agora, tras moitos anos de carreira e discos atemporais, o próximo 3 de decembro Teenage Fanclub chega ao ciclo Xacobeo Importa para poñer o broche de ouro a esta edición do ano 2010.

 

Con esta última incorporación, o ciclo Xacobeo Importa confirma as dez propostas que se marcou como obxectivo a principios de ano para presentar en diferentes capitais galegas. O denominador común de todos estes artistas é o de ser nomes de referencia en cada un dos diferentes estilos musicais. Desde o romanticismo de Richard Hawley, ata o hip hop con clase de Raekwon, compoñente dun dos colectivos máis famosos da historia do rap, o Wu-Tang Clan. Neste ciclo tamén se atopan grupos difíciles de ver polos escenarios galegos como Interpol ou Mudhoney, ou auténticos pesos pesados da música contemporánea como Rufus Wainwright ou Mark Lanegan.

Tralo verán, o ciclo Xacobeo Importa volve cunha apertada axenda para o que queda de 2010. A próxima semana, o luns 27 de setembro, a Sala Capitol acollerá o concerto de Mudhoney e Young Fresh Fellows, mentres que o venres, 1 de outubro, será a quenda de Interpol. Xa no mes de novembro, os míticos The Zombies actuarán en Vigo e Alice Cooper chegará a Santiago para ofrecer un concerto que non deixará indiferente a ninguén.

Un comentario sobre “Teenage Fanclub clausura el ciclo ‘Xacobeo importa’

¿Y tú qué opinas de esto?