Los lagartos de las Islas Atlánticas, arquitectos del paisaje

OS LAGARTOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLANTICAS RECIBEN O  RECOÑECEMENTO  INTERNACIONAL COMO XARDINEIROS DA PAISAXE

 

  • O vídeo “A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares” do Grupo de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo, gañou o premio do público da revista The Scientist

 

Santiago, 19 de setembro de 2010.- O vídeo “A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares”, realizado polo Grupo de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, recibiu o premio do público da revista The Scientist.

 

Este  premio supón o recoñecemento a labor que o grupo  desempeña no campo da divulgación científica, non só por tratarse dunha importante publicación internacional, se non  porque foron os seus lectores, os que concederon este galardón.

 

Este vídeo tamén foi premiado no VIII Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo e seleccionado para a fase final nos Festivais Internacionais de Cine Científico de Ronda e Bangkok.

 

Lagarto ocelado

Os lagartos ocelados axudan a modelar a paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares. Estes réptiles incorporan á súa dieta froitos carnosos, de forma que van dispersando as sementes coas feces, sendo un excelente mecanismo de transporte debido á acción do dixestivo ao romper as cubertas das sementes. Ao consumir os froitos non só contribúen á dispersión das súas sementes, levándoas a lugares afastados de plántaa nai, e situándoas en micro-ambientes que van favorecer a súa xerminación.

 

Entre as plantas participantes desta complexa relación, atópanse algunhas de particular interese, como a camariña ( Corema album ), un dos principais valores botánicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas que, grazas ao servizo que lle presta o lagarto, ve favorecida a dispersión das súas sementes. Outras plantas que se favorecen dos seus servizos son a zarzamora ( Rubus ulmifolius ), o abruñeiro ( Prunus spinos a), a madreselva ( Lonicera peryclimenum ) e até catorce especies máis.

 

Esta interacción positiva para as plantas dáse con maior frecuencia en illas, xa que neses territorios os froitos carnosos constitúen unha maior proporción da dieta dos lagartos. Mentres que os seus conxéneres do continente teñen un acceso fácil a outro tipo de recursos alimenticios como os insectos, nas illas eses recursos son tamén limitados e a dieta a base de froitos adquire unha maior importancia relativa.

 

Sabíase que algúns roedores estaban implicados na acción de dispersión, pero descoñecíase a importante acción dos lagartos, debido a un menor tamaño e unha acción máis efectiva na dispersión.

 

¿Y tú qué opinas de esto?