A Escuela de Negocios Afundación sitúase, por oitavo ano consecutivo, entre as 1000 mellores do mundo segundo o ránking Eduniversal, que se deu a coñecer no encontro anual desta entidade celebrado en Boston. O Comité Científico Internacional, composto por un total de nove expertos académicos independentes destacados na súa zona xeográfica pola súa experiencia e recoñecemento no ámbito académico, foi o encargado de levar a cabo a Selección Oficial. O obxectivo da conferencia, que nesta ocasión reuniu a máis de 120 institucións de 50 países, é promover a internacionalización da Educación Superior e intercambiar as novas tendencias da Business Education: «Trátase de establecer unha cartografía global considerando a influencia internacional e a reputación de cada institución académica, para crear así un ranking das mil mellores escolas de negocios do mundo», subliñan os organizadores.