- O Goberno galego tamén lle traslada á Fegamp que o Fondo de Cooperación Local se incrementará no 2016 respecto ao actual exercicio
- Ademais, os concellos recibirán 11,5 millóns de euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental
- O vicepresidente da Xunta e o conselleiro de Facenda mantiveron un encontro coa directiva da entidade municipalista
Santiago, 15 de outubro de 2015.- A Xunta de Galicia trasladoulle hoxe á directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que nos Orzamentos para 2016, que serán aprobados polo Consello da Xunta o vindeiro luns, vaise poñer en marcha un novo fondo especial para o fomento das fusións entre os concellos galegos, que estará dotado con 2,2 millóns de euros.
Dito fondo de nova creación enmárcase na aposta da Xunta por beneficiar aos concellos que aposten por sumar esforzos e fusionarse, e vai na liña doutras medidas postas en marcha polo Goberno galego…
Ver la entrada original 194 palabras más