La USC premia el esfuerzo de sus estudiantes mayores de 25 y 45 años

uscmayores45años

PREMIO A LOS MAYORES DE 25 Y 45 AÑOS

EN LA USC

A USC premia o esforzo dos futuros estudantes universitarios maiores de 25 e 45 anos

martes, 05 mayo 2015, 10:58, por Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago celebrou este luns 4 de mayo de 2015 un emotivo acto de recoñecemento ás 45 persoas que superaron este ano as probas de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. No Salón de Graos do Colexio de San Xerome o futuro alumnado universitario foi recibido polo reitor Juan Viaño, que cualificou de “encomiable e digno” o seu esforzo xa que “probablemente teñan que conciliar a súa vida laboral e familiar coa decisión de estudar unha carreira, cuns horarios ríxidos, pautados e cunha serie de retos que hai que ir cumprindo día a día, algo propio de persoas valentes que merecen toda a nosa axuda para lograren o obxectivo proposto”.
Nese encontro informóuselles dunha serie de servizos pensados especificamente para eles como o programa A Ponte, cuxo director é o profesor Luis Hervella, tamén presente no acto xunto con Ramón Bravo Quintás, presidente do Tribunal Único. O Programa A Ponte, organizador de actos coma o de onte, trata de orientar o futuro estudante universitario para que  poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.
O acto rematou coa intervención da estudante da USC Catalina Puy Fraga, que hai uns anos decidiu iniciar o grao de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago. Como dixo o reitor, “Catalina é un claro exemplo do que supón asumir o reto da vida universitaria desde a perspectiva dos maiores de 25 anos”.
Na convocatoria deste ano superaron as probas de acceso 30 persoas de maiores de 25 anos e 15 maiores de 45. A práctica totalidade destes futuros estudantes pertencen ás provincias da Coruña e Vigo.

¿Y tú qué opinas de esto?