CIG
ROUBO NOS TRASLADOS
OUTRO ROUBO MÁIS
Respecto das incorporacións e cesamentos derivados do concurso de traslados do persoal facultativo e do persoal de enfermaría do Sergas, que se esta a facer na área sanitaria de Compostela , queremos denunciar que a Xerencia da área Sanitaria de Compostela esta a roubar o último día de toma de posesión a os/as traballadores/as que se están a incorporar nesta área sanitaria.
Queremos facer constar que dende C.I.G-Saúde Compostela dirxímonos mediante escrito a Dirección de Recursos Humanos ,con data 1 de abril solicitando: “ Que esta xerencia, nos facilite por escrito a data de cese e o último día de toma de posesión. Así como a data de incorporación efectiva nos postos de traballo”, sen que a data de hoxe teñamos resposta ao respecto e así como organización sindical poder garantir a transparencia e planificación na xestión dos profesionais.
Polo cal queremos facer constar que este é o primeiro concurso de traslados e a única área sanitaria, na cal se aplica a norma desta maneira non respectando os dereitos dos traballadores/as e vulnerando a lei.
Compostela a 8 de abril do 2015.
Pola C.I.G-Saúde.
