- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou hoxe aos 25 beneficiarios deste contrato en Bosch, en Vigo

- No caso concreto dos contratos de formación dual nesta empresa, a actividade formativa está vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade na especialidade de “atención ao cliente, ao consumidor ou usuario”
- Nos contratos na mesma, a parte formativa corresponde o 37% da xornada, o que supón un investimento de preto de 46.000 euros por parte do departamento autonómico
- En total, actualmente Traballo está a investir 305.000 euros na actividade formativa de 136 contratos de formación dual en empresas e 600.000 euros en 188 contratos con concellos
- A titular de Traballo explicou que se trata dun emprego cun salario acorde ao convenio colectivo con contratos vinculados a unha actividade formativa que debe ser do mínimo do 25% da xornada laboral
Ver la entrada original 416 palabras más