Concello de Vigo

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

O concelleiro de Deportes di que o Galiexpo Motorshow «convirte a Vigo na capital do tuning»
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, anunciou hoxe que «Vigo será a capital do tuning esta fin de semana» grazas ao salón Galiexpo Motorshow que cumpre a súa novena edición no recinto ferial de Ifevi. Dende este venres ao mediodía ata o domingo ás 20:00 horas, o Ifevi acollerá a un gran número de expositores de clásicos, tuning, coches americanos, vehículos todoterreo, motos e náutica.

«Vigo é música» no Auditorio Municipal
O mércores 25 de febreiro ás 20,00 h terá lugar no Auditorio Municipal «Vigo é música», espectáculo creado polo Cuarteto Caramuxo a petición da Fundación Vigueses Distinguidos e o Concello de Vigo no que o grupo pasa polo seu persoal xeito de interpretar a música cun repertorio de pezas nas que a cidade de Vigo é a protagonista.Entrada de balde ata completar aforo

Ver la entrada original

¿Y tú qué opinas de esto?