A rede autonómica ofertará un total de 9.294 prazas, 532 máis (6%) que o curso anterior- A oferta total de prazas públicas na comunidade acada por vez primeira a ratio do 33 por cento recomendada pola Unión Europea
- As instancias poderán presentarse ata o día 23 de marzo e o curso comezará o 4 de setembro
Santiago, 23 de febreiro de 2015.- Dende mañá martes pódense presentar as solicitudes de praza para o curso 2015-2016 en 157 escolas infantís da Rede Galiña Azul. A resolución cos prazos e requisitos, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), pódese consultar tamén na páxina web www.escolasinfantisdegalicia.es ou no propio centro onde se queira matricular ao neno ou nena.
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, informaron hoxe en rolda de prensa sobre o devandito proceso…
Ver la entrada original 572 palabras más