Elena Muñoz Fonteriz participou hoxe na apertura das xornadas ‘A nova reforma do financiamento autonómico: análises e propostas’, organizadas por Funcas
- Na súa intervención, explicou que o Goberno galego pedirá unha maior ponderación destes factores diferenciais, xa que encarecen o custo da prestación dos servizos fundamentais
- Recordou que o modelo aprobado en 2009 non garantiu a sustentabilidade dos servizos básicos, e demandou que na revisión do actual modelo se teña en conta o custe real en cada territorio
- “O diferencial de custos que entraña en Galicia a prestación dos servizos non está correctamente reflectido e pon en serio perigo a sustentabilidade das súas prestacións básicas”, sinalou
- Galicia supera xa nun punto a proxección do INE de poboación maior de 65 anos en España para 2023, e o transporte escolar é case catro veces máis caro que a media.