PRESENTACIÓN DO LIBRO «ALICORNIO» EN COMPOSTELA

Avatar de asombradebouzapandaÁ Sombra de Bouza Panda

Este mércores 2 de abril ás 19.30h estarei na libraría Couceiro de Santiago de Compostela presentando o meu libro «Alicornio». Para esta ocasión estarei acompañado da querida Alicia López, escritora e directora do programa literario «O sombreiro de Merlín» de Radio Obradoiro e do compañeiro da SAGA Miguel Losada. Todo un privilexio e un luxo para min. Se andades por Compostela e non tendes plan para esa tarde, vémonos en Couceiro: libros, alicornios e moito máis.

cartaz alicornio compostela

Ver la entrada original

¿Y tú qué opinas de esto?