Santiago, 21 de marzo de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo onte unha xuntanza coa directiva da Asociación de Empresarios do polígono industrial de Moaña, co obxectivo de abordar diversas cuestións de interese para o sector empresarial local. Na reunión tamén estivo presente o alcalde, José Fervenza.
O principal punto da reunión foi o futuro parque industrial de Moaña. Tanto os empresarios como o propio concello solicitaron en diversas ocasións que dita infraestrutura figure no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que está a elaborar a Xunta de Galicia.
Hernández trasladou aos representantes do sector que o Goberno galego incorporou o parque de Moaña no documento, que será aprobado antes do verán, en canto remate a súa tramitación.
O plan sectorial recolle a planificación das actuacións de solo empresarial que se…
Ver la entrada original 43 palabras más
