Galicia se moviliza contra la corrupción el 22 de febrero y 3 de marzo: horas y lugares de las protestas

CONTRA LA CORRUPCIÓN

Horas e lugares das mobilizacións contra a corrupción, en defensa dos dereitos sociais e nacionais

jueves, 21 febrero 2013, por Confederación Intersindical Galega (CIG) Santiago de Compostela

 

Denuncian a alarmante situación de corrupción e reclaman dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega

Organizacións sindicais, políticas e estudantís lanzan unha campaña de mobilizacións en defensa dos dereitos sociais e nacionais

 

Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará mañá venres, día 22 de febreiro, con concentracións nas cidades de Galiza, contra as 20:00 horas, e que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda.

Lugares e horas das concentracións de mañá venres 22 FEBREIRO 2013:

A Coruña: Ás 20:00 horas, na subdelegación do Goberno

Compostela: Ás 20:00 horas diante da sede do PP en Alfredo Brañas

Ferrol: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP

Lugo: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP. Rúa poeta Ramón Cabanillas esquina rúa

Doutor Gasalla.

Ourense: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP.

Pontevedra: O martes 26, ás 20:30 horas na Praza da Peregrina.

Vigo: Ás 19:00 horas, na Farola de Urzáiz.

Laura Arjonilla, que presentou a campaña, lembrou o contexto político, social e económico actual e sinalou que as organizacións que botan a andar esta campaña consideraron que este era o momento para mobilizarse de forma conxunta “en defensa do dereito ao traballo, á igualdade e os servizos sociais públicos, contra a destrución social e cultural que estamos a vivir e, fundamentalmente, contra a lacra da corrupción”.

Arjonilla chamou a unir forzas para darlle continuidade no tempo a esta campaña que agora se inicia porque “é necesaria unha ruptura co actual sistema e para iso hai que saír á rúa para denunciar a corrupción, en defensa dos dereitos da cidadanía, dos dereitos das mulleres, que tamén están a ser recortados, e pola soberanía nacional. Unha reclamación que debe ser central”.

Xunto a iso, lembrou que o proceso iníciase agora pero “está aberto a todas as organizacións e movementos que poidan compartir estes obxectivos” e insistiu na importancia de que se unan “para que toda a cidadanía galega faga parte para poder mudar o actual estado de cousas”.

Xulio Vicente, da Plataforma de Afectados polas Preferentes, explicou que se demanda un cambio de modelo social porque o actual está “caduco, defende os intereses do capitalismo e está corrupto”. Así lembrou a situación que se está a xerar por mor dos desafiuzamentos, “vulnerando de forma brutal a Constitución” ou das preferentes, para o que só obteñen como resposta que “nos teñen que roubar os cartos porque senón Bruxelas non lles dá os miles e miles de millóns de euros necesarios para sanear a banca”. Do mesmo xeito, denunciou os recortes que están a padecer servizos públicos esenciais como o ensino público e a sanidade e que “aquí a cidadanía se está empobrecendo día a día e cando os movementos sociais saen á rúa cando se deixa ás familias sen casa o propio sistema utiliza as forzas da orde para reprimilos”.  Fronte a isto, asegurou que “o poder pode roubar, sexa o sr. Bárcenas, sexa a Casa real, pero os que realmente rouban e empobrecen o noso país teñen o sistema que os defende e aí as forzas da orde non actúan”.

Pola súa banda Mirian Rodríguez, tamén da plataforma de afectados polas Preferentes, fixo un chamamento á sociedade para que se sume a estas mobilizacións comarcais e á nacional, “a prol dos dereitos nos que todos e todas estamos implicadas, porque todas estamos afectadas”. E fixo un chamamento á unidade  “para mudar este sistema caciquil”.

Soberanía nacional

As organizacións políticas convocantes articularon esta alianza para producir un novo proceso que permita “recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo”.

Subliñan que esta é a base para que “non teñamos que emigrar para gañar a vida, que non sexa posíbel sufrir un desafiuzamento, que as mulleres e homes que viven e traballan en Galiza, con independencia da súa situación administrativa, teñan acceso libre aos servizos públicos da nosa sociedade” e manifestan que non haberá dereitos, liberdades e soberanía nacional “se non sobardamos os estreitos e antidemocráticos muros deste réxime e damos carta de natureza ás prácticas da democracia participativa e directa”.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s