CAFE PROTESTA
EN EL PAZO DE XUSTIZA DE OURENSE
lunes, 14 enero 2013, por Federación de Servicios a la Ciudadanía de Comisiones Obreras en Galicai (FSC CC OO Galicia)
Os funcionarios de Xustiza continúan co “café protesta” contra os recortes
Os traballadores e traballadoras de xustiza de Ourense continuan tomando cafe no hall do Edificio Xudicial, os martes e xoves, contra os recortes laborais e sociais que impoñen os gobernos do PP
Ourense, 14 de xaneiro 2013
Os funcionarios e funcionarias de xustiza de Ourense decidiron tomar café na entrada do Pazo de Xustiza en protesta polos recortes laborais e sociais impostos polo Goberno do PP. Esta decisión foi tomada pola asamblea de traballadores celebrada o pasado mes de novembro e dende entón continúan, todas as semanas, os martes e xoves ás 11:00 horas.
Dende que tomaron esta medida de protesta, as cousas non melloraron, senón moi ao contrario, empeoraron considerablemente. Dende aquel mes de novembro, o goberno do Sr. Rajoy, na Lei de Orzamentos Xerais do Estado, estableceu a ampliación de xornada, unha nova conxelación salarial, a taxa “cero” de reposición de efectivos, etc.
O Sr. Feijoo, faltando a súa promesa electoral de non “tocar” aos empregados públicos de Galicia no ano 2013, unha vez reelexido Presidente, e para non ser menos, estableceu na Lei de Orzamentos de Galicia unha redución salarial media dun 4%, que chega ata o 6% nalgunhas categorías, estuda a amortización de prazas vacantes, etc., etc.
Esto polo que se refire a condicións laborais, pero o deterioro dos servizos públicos, que son de todos os cidadáns e que sufragamos todos e todas cos nosos impostos, é cada día mais notorio, sempre cun afán desmedido de privatización para favorecer intereses empresariais e non para aforrar gasto.
Porque sobran os motivos. Porque sobran razóns. Ata que estas políticas de recortes laborais, sociais e democráticos non sexan correxidas, os funcionarios e funcionarias de xustiza de Ourense continuarán con estes actos de protesta.