El BNG denuncia que el gobierno Feijóo «maquilló las cuentas autonómicas derivando pagos de un ejercicio a otro»

DENUNCIA BNG

AUDITORÍA DO CONSELLO DE CONTAS: GUILLERME ADVIRTE “DO QUE TERÁ AGOCHADO FEIJÓO BAIXO AS ALFOMBRAS”

 

 

A Coruña, 9 de outubro 2012.-O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, advertiu hoxe “do que terá agochado Feijóo baixo as alfombras” tras descubrir unha auditoría do Consello de Contas de Galiza que o goberno da Xunta derivou máis de 400 millóns de euros en pagos do exercicio 2010 ao 2011 para maquillar as contas.

Para Guillerme este informe “confirma que Feijóo leva instalado na mentira dende que chegou ao Goberno da Xunta e vai saír de Monte Pío mentindo”.

Por iso, salientou que “se o BNG afirma que Feijóo é un auténtico trilero da política non lle faltamos ao respecto a ninguén”.

“E ese campión da solvencia vai ti saber cando ten agochado detrás das alfombras, xa veremos con que contas se terá que atopar o próximo goberno galego”, advertiu.

LA XUNTA INTENTA JUSTIFICARSE

NOTA DE PRENSA

AS CONTAS DE GALICIA CORRESPONDENTES AO EXERCICIO 2010 FORON AVALADAS TANTO POLO CPFF COMO POLO GOBERNO CENTRAL SOCIALISTA

 

  • A Xunta de Galicia actuou sempre cumprindo de maneira estrita a normativa
  • O Consello de Contas non aprobou ningún informe relativo ás contas de 2010, só existe un borrador suxeito a alegacións, polo que os resultados son provisionais
  • O propio órgano fiscalizar no borrador admite que o efecto do cómputo dos gastos é neutro
  • Tamén recoñece de forma expresa que non afecta ao resultado do déficit
  • O Goberno galego lamenta que haxa partidos políticos empeñados en menoscabar a solvencia de Galicia
  • O Executivo autonómico está atendendo desde 2009 gran parte das recomendación que fai o Consello de Contas

 

Santiago, 9 de outubro de 2012- As contas da Xunta de Galicia correspondentes ao exercicio 2010 foron avaladas tanto polo Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF) como polo Goberno central socialista e o Executivo autonómico actuou sempre cumprindo de maneira estrita a normativa vixente.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou hoxe que o déficit de Galicia é “o notificado” pola comunidade e “auditado” polo CPFF dun Goberno central que nese momento estaba dirixido polos socialistas.

Ademais, o Consello de Contas non aprobou ningún informe relativo ás contas de 2010, senón que tan só existe un borrador suxeito ás alegacións da Xunta de Galicia, polo que os resultados son provisionais.

O propio órgano fiscalizador admite nese borrador que o efecto do cómputo dos gastos é neutro e igualmente indica de forma expresa que non afecta ao resultado do déficit. De feito, o Consello de Contas en ningún caso cuestiona o cumprimento do obxectivo de déficit da Comunidade galega do exercicio de 2010.

A Xunta de Galicia lamenta que haxa partidos políticos empeñados en menoscabar a solvencia da comunidade, pese a ter acreditado que é a autonomía que mellor controlou o déficit durante toda a lexislatura e que pechou 2011 cunha menor porcentaxe, no 1,6%, menos da metade da media.

Incorporación das recomendacións do Consello de Contas

Por outra banda, a Xunta de Galicia, dende o ano 2009, ven de incorporar e atender unha grande parte das recomendacións que fai o órgano fiscalizador, ao contrario do que pasaba co Goberno bipartito na pasada lexislatura.

Desta forma, o Executivo autonómico, seguindo as recomendacións do Consello de Contas, incluíu no ámbito de aplicación das leis de orzamentos os orzamentos de todas as entidades instrumentais co obxecto de fomentar a transparencia, ademais de aprobar a Lei de Organización e Funcionamento da Administración e do Sector Público Autonómico  (Lofaxga) que define o modelo organizativo do sector público autonómico.

Igualmente, implantou indicadores de seguimento da realización dos programas orzamentarios, a través do Plan Estratéxico 2010-2014, realizou un tratamento extraorzamentario dos recursos que perciben os municipios e provincias pola súa participación nos ingresos do Estado; incluíu nas leis de orzamentos a regulación dos contratos de colaboración público-privada (PPP), co que se amplía a información subministrada ao Parlamento; e incorporou tamén a obriga de dotar un fondo para atender os posibles fallidos nos avais.

¿Y tú qué opinas de esto?