«La Xunta desbroza con maquinaria pesada los espacios protegidos del litoral»

DENUNCIA ADEGA

A Xunta desbroza con maquinaria pesada numerosos espazos protexidos do litoral

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

9 de  agosto de 2012. Coa chegada do verán a   administración quere poñer o litoral «bonito» para os bañistas. E para iso, Xunta e Costas do Estado non dubidan en pasar a   desbrozadora polos espazos costeiros máis valiosos e protexidos arramplando con hábitats prioritarios e  especies en perigo de extinción. Todo para que a costa   quede como a campiña inglesa. Dende o Parque Nacional das Ilas Atlánticas, pasando polo LIC de Corrubedo, Costa da Morte, Costa      Ártabra… practicamente non queda litoral protexido sen rozar.
Curiosamente, estas practicas contradín as recomendacións do Plano        Director da Rede Natura, contribúen a degradar a nosa   biodiversidade máis fráxil e mesmo favorecen a introdución de  especies exóticas e invasoras. Para mostra a lagoa        da Frouxeira: 5 figuras de protección ambiental non impediron que a Xunta pasara as máquinas sobre hábitats  prioritarios e especies en perigo de extinción. A Xunta xustifica estas prácticas (perpetradas sen informe técnico algún) por razón      de «seguridade e salubridade» e di descoñecer a existencia dos  hábitats e especies afectadas, malia a figuraren nos seus catálogos.

ADEGA leva anos denunciando  desbroces reiterados de hábitats de interese comunitario e especies catalogadas en espazos protexidos. O último, no LIC Costa      Ártabra, na área da Lagoa de A Frouxeira (Concello de Valdoviño).      Esta lagoa, alén de facer parte da RN2000 (zona LIC e ZEPA), posúe  outras 3 figuras de protección: Humidal de Importancia  internacional – Ramsar, Humidal Protexido e Zona de Especial  Protección dos Valores Naturais.

Neste espazo, ao igual que noutros moitos da   costa, as rozas mecánicas afectaron de forma significativa e moi  negativamente á composición, estrutura e funcionamento dos hábitats, tanto de interese europeo como prioritarios (Lei 42/2007      e Directiva 92/43/CEE).

Como resposta ás nosas denuncias, a  Consellaría de Medio Ambiente informa da non existenza de hábitats de interese comunitario nas áreas rozadas. Tal afirmación resulta      totalmente falsa. E a falsidade ponse en evidencia contrastando  cos datos oficiais da propia Xunta de Galiza. Así no servidor      cartográfico de información ambiental (SITEB)      aparecen cartografados nas áreas obxecto da denuncia distintos  tipos de hábitats: 2130* Dunas costeiras fixas (prioritario) e      outros de augas permanentes e medios higrófilos sobre os que as  rozas realizáronse de  forma reiterada (códigos 1150*      -prioritario-, 1330 e 3130).

No seu escrito, a Consellería indica  tamén a inexistencia de especies protexidas. Esta afirmación é de  novo falsa: Así no Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular de  España  inclúese unha información básica sobre unha especie   endémica do NW Ibérico, Antirrhinun majus subsp   linkanum, e recollida no Catálogo de Especies Ameazadas de Galiza (Decreto 88/2007) na categoría de «En perigo de extinción».

No Libro Vermello indícase que Antirrhinun majus subsp linkanum só vive en sistemas dunares e acantilados vexetados, sendo as principais poboacións as da      Frouxeira (Concello de Valdoviño) e Ponzos-Santa Camba (Ferrol). A      área de distribución inclúe a zona afectada polas rozas e obxecto      da denuncia de ADEGA, que tamén coincide coa recollida no SITEB da      Xunta de Galiza. Indica tamén que a principal ameaza para as      poboacións desta planta rara son os labores de artificialización      (rozas, curtas, plantacións, etc.), efectuadas nas áreas dunares e      acantilados próximas ás praias: Xusto o que a Xunta e Costas veñen      de facer.

Neste mesmo senso, o Plano        Director da Rede Natura 2000 en proceso de aprobación,  contempla como actividades contrarias ao mantemento dun estado de      conservación favorábel dos hábitats dunares as rozas mecánicas,      indicando os seus efectos negativos sobre a conservación das      especies de flora protexida.

Na súa demencial resposta, a      Consellería de Medio Ambiente evidencia, alén de ignorancia e   desleixo sobre o patrimonio polo que debe velar, un total      descoñecemento da normativa de protección do patrimonio natural e   da biodiversidade. Alude a razóns de «seguridade e   salubridade» non demostradas, pero de existiren non      serían unha xustificación para saltarse as medidas de protección      legal que teñen determinados compoñentes da biodiversidade      (hábitats prioritarios, especies protexidas) dentro dun espazo  natural. A Xunta tería que xustificar con razóns imperiosas de      interese público de primeira orde para actuar sobre os hábitats e      especies prioritarias consonte á Lei 42/2007, á Directiva      92/43/CEE, e ao Decreto 88/2007). Debería tere seguido os      procedementos establecidos nestas normas e non intervir con      actuacións descontroladas e sen xustificación técnico-científica      algunha. Máis unha vez, as administracións que deben velar pola  conservación do noso patrimonio, en especal do máis ameazado, son      as primeiras en degradalo e vulnerar as leis.

ADEGA poñerá estes feitos en   coñecento fdos organismos europeos e internacionais competentes      (Comisión Eurpoea, Parlamento e Secretariado de RAMSAR), habida      conta da manifesta incompetencia, ignorancia e desleixo da Xunta e   Ministerio na xestión dos nosos espazos protexidos.

¿Y tú qué opinas de esto?