La UE confirma que investiga a la Diputación de Ourense por fraude o corrupción

FRAUDE OURENSE

A Comisión Europea confirma ao BNG que o expediente á Deputación de Ourense débese a «sospeitas fundadas de fraude, corrupción ou ilegalidade»

Bruxelas, 23 abril 2012 .- O Comisario europeo de Fiscalidade, Auditoría e Loita contra a Fraude, Algirdas Semeta, ven de confirmar ao BNG en nome da Comisión Europea que o expediente de investigación aberto á Deputación de Ourense pola Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) obedece a que existen «sospeitas suficientemente fundadas de que se teñen cometido actos de fraude, corrupción ou outros actos ilegais que afectan aos intereses financeiros da Unión Europea».

Unha afirmación rotunda que a Comisión apoia citando o artigo 5 do Regulamento n°1073/1999 do Parlamento e do Consello Europeos Relativo ás Investigacións Efectuadas pola OLAF.

A Comisión Europea, na resposta a unha interpelación da eurodeputada nacionalista Ana Miranda, é clara na motivación da apertura do expediente de investigación pola xestión da Deputación de Ourense dos fondos estructurais, «que desminte a explicación dada desde a presidencia da propia entidade pública no sentido de que se trataba dunha visita rutinaria» por parte da Unión Europea, subliña.

O Executivo comunitario non aporta información adicional «dado que o caso está en curso», polo que deixa abertas algunhas das interrogantes plantexadas pola interpelación parlamentar presentada polo BNG, ata que a OLAF presente as súas conclusións.

Neste sentido, Miranda ten solicitado á OLAF o expediente de investigación aberto contra a Deputación de Ourense por presunto fraude na utilización de fondos da Unión Europea, ademais, a deputada nacionalista rexistrou unha iniciativa parlamentar ante a Comisión Europea na que interpela ao Executivo Comunitario polas causas que motivaron a apertura dunha investigación á institución pública ourensana, e se esta investigación foi aberta de oficio ou se o inicio da mesma veu motivada por algunha denuncia previa.

Miranda tamén preguntaba á Comisión polo uso que a Deputación de Ourense ten levado a cabo dos fondos comunitarios en dous programas específicos. En concreto o denominado Plan Daredo 2002-2004, de implementación de sistemas de tratamento de augas residuais, e o Proxecto denominado Estacións vivas, espazos vivos, de remodelación de estacións ferroviarias.

¿Y tú qué opinas de esto?