COMUNICADO DE ADEGA
→11 de outubro, martes:
CONCENTRACIÓN NO PARLAMENTO GALEGO CONTRA A CORRUPCIÓN URBANÍSTICA
Este vindeiro martes día 11, no pleno do Parlamento de Galiza vaise discutir unha proposición non de lei para que a Xunta denuncie o convenio urbanístico de Barreiros que vai desbaldir 14 millóns de € dos cartos públicos en tapar os buratos das construtoras.
Tras a retirada por parte de Feijóo dos recursos contra as licenzas ilegais outorgadas polo concello de Barreiros en 2006, e a aprobación por parte a Xunta do PP do Plano Sectorial que pretende legalizar o ilegalizábel, a lexislación urbanística en Galiza fica baleira de contido e pasa a ser substituída pola arbitrariedade do Sr. Conselleiro.
Acude á concentración deste vindeiro martes día 11 ás 10:30 h fronte ao Parlamento de Galiza, para defender o URBANISMO LEGAL fronte ao «URBANISMO REAL» (isto é a corrupción, o amiguismo e a arbitrariedade) de Hernández e Feijóo.
ESIXIMOS RESPECTO PARA AS LEIS E PARA O NOSO TERRITORIO
URBANISMO «REAL» = CORRUPCIÓN
URBANISMO «REAL» = TI VAI FACENDO
URBANISMO «REAL» = ARBITRARIEDADE
URBANISMO «REAL» = DESFEITA AMBIENTAL
