EXTINGUIDO O INCENDIO FORESTAL REXISTRADO NO MUNICIPIO DE OURENSE, NA PARROQUIA DE VILAR DE ASTRÉS
-
A superficie afectada, segundo unhas primeiras estimacións provisionais, é de 120 hectáreas
Santiago, 14 de agosto de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no municipio de Ourense, na parroquia de Vilar de Astrés, quedou finalmente extinguido.
O incendio iniciouse o pasado venres, 12 de agosto, ás 14:29 horas e deuse finalmente por extinguido hoxe ás 20:57 horas.
Segundo unhas primeiras valoracións provisionais, a superficie afectada é de 120 hectáreas, das cales 115 son raso e 5 arborado. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 7 axentes forestais, 28 brigadas, 2 Grumir, 16 motobombas, 7 helicópteros e 10 avións. Ademais, colaboraron nas tarefas de extinción os bombeiros de Ourense e membros de Protección Civil de Barbadás.
ACTUALIZACIÓN:
CONTROLADO O INCENDIO FORESTAL REXISTRADO NO MUNICIPIO OURENSÁN DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS
-
A superficie afectada, segundo unha nova estimación provisional, está en torno ás 495 hectáreas, sendo este o incendio máis grande do verán pero sen chegar a definirse como un Gran Incendio Forestal (GIF), segundo recolle o Pladiga
Santiago, 14 de agosto de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no municipio de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Sobradelo, está controlado.
O lume iniciouse ás 15:25 horas da tarde de onte, sábado 13 de agosto, e deuse por controlado esta tarde ás 19:20 horas. Segundo unha nova estimación provisional, a superficie afectada está en torno ás 495 hectáreas, sendo este o incendio máis grande do verán pero sen chegar a definirse como un Gran Incendio Forestal (GIF), segundo recolle o Pladiga.
Os medios que traballan neste lume son 1 técnico, 10 axentes forestais, 38 brigadas, 10 motobombas, 5 palas, 10 helicópteros e 10 avións. Colaboran nestas labores, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias da base de Marín, que tal e como recolle o Pladiga, forman parte deste plan contra incendios da Xunta –coordinados pola Administración Autonómica- dende o inicio da campaña de alto risco, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro.
Controlado Vilar de Astrés
O incendio rexistrado en Ourense, parroquia de Vilar de Astrés, permanece arestora controlado. Lembrar que se iniciou ás 14:29 horas do venres, 12 de agosto, e deuse por controlado ás 3:13 horas de onte, sábado.
Segundo unhas primeiras valoracións provisionais, a superficie afectada é de 120 hectáreas, das cales 115 son raso e 5 arborado. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 26 brigadas, 1 Grumir, 14 motobombas, 6 helicópteros e 10 avións.
ESTABILIZADO O INCENDIO FORESTAL REXISTRADO NO MUNICIPIO OURENSÁN DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS
-
A superficie afectada, segundo unhas primeiras estimacións provisionais, está en torno ás 510 hectáreas, sendo este o primeiro Gran Incendio Forestal (GIF) do verán, tal e como se recolle no Pladiga
Santiago, 14 de agosto de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no municipio de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Sobradelo, está estabilizado e sen lapas.
O lume iniciouse ás 15:25 horas da tarde de onte, sábado 13 de agosto. Segundo unha primeira estimación provisional, a superficie afectada está en torno ás 510 hectáreas, sendo este o primeiro Gran Incendio Forestal (GIF) do verán. Tal e como se define no Pladiga, considérase Gran Incendio Forestal aquel que supera as 500 hectáreas.
Os medios que traballan neste lume son 1 técnico, 7 axentes forestais, 26 brigadas, 9 motobombas, 5 palas, 8 helicópteros e 9 avións. Colaboran nestas labores, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias da base de Marín, que tal e como recolle o Pladiga, forman parte deste plan contra incendios da Xunta –coordinados pola Administración Autonómica- dende o inicio da campaña de alto risco, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro.
Controlado Vilar de Astrés
O incendio rexistrado en Ourense, parroquia de Vilar de Astrés, permanece controlado. Lembrar que se iniciou ás 14:29 horas do venres, 12 de agosto, e deuse por controlado ás 3:13 horas de onte, sábado.
Segundo unhas primeiras valoracións provisionais, a superficie afectada é de 120 hectáreas, das cales 115 son raso e 5 arborado. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 26 brigadas, 1 Grumir, 14 motobombas, 6 helicópteros e 10 avións.
DESACTIVADO O ‘NIVEL 1’ DECLARADO DE MODO PREVENTIVO NO LUME FORESTAL DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS
-
O ‘Nivel 1’ quedou desactivado onte ás 22:45 horas tras habelo declarado ás 20:15 horas, procedéndose á desmobilización dos medios de intervención non forestais
-
A superficie afectada no lume, segundo unhas primeiras estimacións, supera as 350 hectáreas
-
Colaboran nas labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias da base de Marín, que tal e como recolle o Pladiga, forman parte deste plan contra incendios da Xunta -coordinados pola Administración Autonómica- dende o inicio da campaña de alto risco, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro
-
Permanece controlado o lume de Ourense
-
Quedaron extinguidos os incendios de Oímbra, Pereiro de Aguiar e Ribadavia
Santiago, 14 de agosto de 2011.- A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no municipio de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Sobradelo, permanece activo nestes momentos. Tras declarar onte, ás 20:15 o ‘Nivel 1’ de forma preventiva, ás 22:45 procedeuse á desactivación de dito nivel. O incendio de Ourense está controlado e extinguidos os de Oímbra, Pereiro de Aguiar e Ribadavia.
O lume forestal de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Sobradelo, segue activo arestora. Iniciouse ás 15:25 horas da tarde de onte, sábado 13 de agosto. Segundo unha primeira estimación provisional, a superficie afectada supera as 350 hectáreas.
Os medios que traballan neste lume son 1 técnico, 7 axentes forestais, 26 brigadas, 9 motobombas, 5 palas, 8 helicópteros e 9 avións. Colaboran nestas labores, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias da base de Marín, que tal e como recolle o Pladiga, forman parte deste plan contra incendios da Xunta –coordinados pola Administración Autonómica- dende o inicio da campaña de alto risco, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro.
Desactivado Nivel 1
Como medida preventiva, a Consellería do Medio Rural declarou o ‘Nivel 1’ neste incendio ás 20:15 horas de onte, sábado, e tras deixar de pór en perigo os bens de natureza non forestal, desactivouse ás 22:45 horas da noite este nivel e procedeuse a desmobilizar os medios de intervención non forestais.
Lembrar que a declaración de “Lume de Nivel 1” é un concepto referido a aqueles incendios que, podendo ser controlados cos medios de extinción previstos no Plan da Comunidade Autónoma, se prevé, pola súa posible evolución, a necesidade da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume.
Controlado Vilar de Astrés
O incendio rexistrado en Ourense, parroquia de Vilar de Astrés, permanece arestora controlado. Lembrar que se iniciou ás 14:29 horas do venres, 12 de agosto, e deuse por controlado ás 3:13 horas de onte, sábado.
Segundo unhas primeiras valoracións provisionais, a superficie afectada é de 120 hectáreas, das cales 115 son raso e 5 arborado. Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 26 brigadas, 1 Grumir, 14 motobombas, 6 helicópteros e 10 avións.
Extinguidos
O incendio ocorrido en Pereiro de Aguiar, parroquia de Sabadelle, iniciouse ás 14:35 horas do venres, 12 de agosto, e deuse por extinguido ás 16:38 horas de onte, sábado. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 15 son rasas e 10 arboradas. Nos traballos de extinción participaron 5 axentes forestais, 20 brigadas, 2 Grumir, 10 motobombas, 6 helicópteros e 8 avións.
O lume de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, inciouse ás 00:02 horas de onte, sábado, e deuse por extinguido ás 3:30 horas desta madrugada. Segundo unha primeira estimación provisional, a superficie afectada é de 50 hectáreas, das cales 45 son arboradas e 5 rasas. Os medios que traballaron na extinción do lume foron 2 técnicos, 10 axentes forestais, 30 brigadas, 18 motobombas, 2 palas, 4 helicópteros e 9 avións.
O incendio de Oímbra, parroquia de Videferre, iniciouse ás 14:50 horas de onte, sábado 13 de agosto, e deuse por extinguido ás 00:00 horas de hoxe. Segundo unha primeira valoración provisional, a superficie afectada foi de 89,45 hectáreas rasas. Os medios alí despregados foron 1 técnico, 2 axentes forestais, 11 brigadas, 2 motobombas, 2 palas, 6 helicópteros e 3 avións.
[…] Controlado por fin el incendio forestal que afectó a 510 hectáreas en Valdeorras, habiendo sido co… […]
Me gustaMe gusta