La campaña electoral del PPdeG arrancará en Lugo y abarcará 400 actos electorales

NOTA DE PRENSA DEL PPdeG

O secretario xeral do PPdeG di que a campaña será intensa en actos coa participación de toda a formación e tamén dos que forman parte neste momento do Goberno galego, pero cunha premisa clara: a Xunta de Galicia non se vai parar

 

A campaña electoral, que arrancará en Lugo, contará cuns 400 actos e arredor de 60 actos de Feijóo

 

  • Son 315 concellos, 315 campañas específicas, queremos acadar que o PP teña presenza activa durante a campaña nos 315 concellos, o que supón que se fagan actos simultáneamente en todas as provincias durante estes 15 días”, subliña

 

  • Anuncia que aparte do acto de mañá na Praza de Touros de Pontevedra, onde estarán Rajoy e Feijóo, tamén se levará a cabo outro no Coliseum da Coruña con Gallardón e Rajoy fará campaña en Galicia o 10 de maio

 

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2011-. O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, indicou hoxe que a intención do PPdeG é que a campaña arranque no concello de Lugo, onde Feijóo fará a tradicional pegada de carteis, demostrando unha aposta clara da formación por Jaime Castiñeira, con intención de que sexa alcalde o vindeiro 22 de maio.

 

No que atinxe ao resto da campaña, Rueda apuntou que será intensa en actos cunha participación, ademais, de todos os membros do PPdeG e, polo tanto, tamén dos que forman parte neste momento do Goberno galego, pero cunha premisa clara: a Xunta de Galicia non se vai parar.

 

Con respecto a isto, Rueda aclarou que a tarefa de Goberno é fundamental, polo que compatibilizarán a tarefa diaria e normal da Xunta coas labores de partido, que se farán principalmente polas tardes en horario de mítines.

 

Segundo o dirixente popular, “queremos ter unha participación intensa”, por iso, Feijóo participará en arredor de 60 actos electorais, e os presidentes provinciais e conselleiros faráno en aproximadamente 400.

 

“Son 315 concellos, 315 campañas específicas, queremos acadar que o PP teña presencia activa durante a campaña nos 315 concellos, o que supón que se fagan actos simultáneamente en todas as provincias durante estes 15 días”, asegurou Rueda, que añadiu que intentarán estar todos en todas partes e cun esquema que será ambicioso.

 

ACTOS PREVISTOS

Para o secretario xeral do PPdeG, a movilización da militancia e as expectativas optimistas permítenlles apostar por facer actos potentes como o do vindeiro sábado, co presidente nacional do PP na Praza de Touros de Pontevedra.

 

Así mesmo, Rueda informou que o sábado seguinte o PPdeG fará tamén un acto importante no Coliseum de Coruña, onde contará tamén coa presenza de Ruiz Gallardón e o candidato á alcaldía de Coruña, xunto a Feijóo.

 

Por outra parte, o 10 de maio, Mariano Rajoy estará todo o día facendo campaña en Galicia o cal é importante se se ten en conta que vai estar tamén mañá e que ademais en toda España hai municipais e, en moitas comunidades, eleccións autonómicas.

 

 

¿Y tú qué opinas de esto?