El proyecto Ríos inicia en Galicia el programa de itinerarios Roteirríos

ROTEIRRÍOS 2011. RESTAURACIÓN FLUVIAL.

O PROXECTO RÍOS INICIA O PROGRAMA DE ITINERARIOS ROTEIRRÍOS VISITANDO AS OBRAS DE RESTAURACIÓN FLUVIAL NO RÍO TAMUXE, CONCELLO DE O ROSAL, O SÁBADO 2 DE ABRIL.

Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos (iniciativa de ADEGA financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Augas de Galicia) que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social asociado. Este ano 2011 imos xa pola cuarta edición.

A temática escollida para os itinerarios é a restauración fluvial. Baixo esta premisa realizaremos visitas a ríos nos que diferentes entidades realizaron intervencións seguindo criterios ecolóxicos.

Os roteiros programados para este ano son:

· 2 de Abril. Río Tamuxe, Concello de O Rosal. Visita ao proxecto de restauración fluvial realizado pola Confederación Higrográfica Miño – Sil.

· Fin de semana do 14, 15 e 16 de Maio: Río Tremor (Bierzo). Faremos un desprazamento de fin de semana ata a vila leonesa de Tremor, onde a Fundación Ciudad de la Energía ten en marcha un proxecto de restauración da paisaxe arrasada pola extracción de carbón cunha iniciativa de recuperación ambiental das entulleiras por parte dos veciños.

· 18 de Setembro: Ríos Rons e Gándara (Pontevedra). Coñeceremos de primeira man o traballo realizado pola firma Integra – Futuros e financiado polo concello de Pontevedra nas súas ribeiras.

O día 2 de abril, iniciaremos roteirrios 11 visitando as obras realizadas no río Tamuxe no Concello de O Rosal Neste río a Confederación Miño – Sil realizou obras de bioinxeñería para a restauración da súas marxes, evitando así a súa erosión e consecuente perda de solo. Para tal motivo instaláronse diferentes estruturas estabilizadoras como os muros krainer, construídos con materiais orgánicos que se integran perfectamente no medio. Logo, se realiza unha revexetación con árbores de ribeira autóctonas para darlle consistencia á marxe restaurada.
O programa do roteiro é o seguinte:

Sábado, 2 de abril de 2011.

08:30 Saída de Compostela.

10.30 Chegada ao Concello de O Rosal.

11.00 Roteiro polo río Tamuxe.

14.00 Xantar.

16.30 Visita á aula da natureza do Muíño das Aceñas situada no propio rio Tamuxe. Visita ao proxecto de Custodia do territorio de ANABAM “Un Bosque para unha Bolboreta”.

18.30 Saída para Compostela.

20.30 Chegada a Compostela.

Roteirríos vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes do Proxecto Ríos como aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteirríos poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familar ou responsábel.

As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado.

Para participar, hai que poñerse en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos:

981 57 00 99 / 650 261 283

info@proxectorios.org

http://www.proxectorios.org

Un comentario sobre “El proyecto Ríos inicia en Galicia el programa de itinerarios Roteirríos

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s