La Xunta recurrirá ante el Tribunal Constitucional la Ley de Presupuestos del Estado si no recibe este año los 805 millones de euros pendientes de la financiación autonómica
A XUNTA RECORRERÁ ANTE O TC A LEI DE ORZAMENTOS DO ESTADO SE NON RECIBE ESTE ANO OS 805 MILLÓNS DE EUROS PENDENTES DO FINANCIAMENTO AUTONÓMICO
O Goberno galego instará primeiro a Comisión Bilateral para que o Estado transfira estes importes e cumpra o acordo de financiamento
Os axustes e regularizacións efectuados polo Goberno central sobre o Fondo de Suficiencia provocan un efecto negativo de 400 millóns de euros
Ademais, a suma do Fondo de Cooperación e os anticipos de recursos adicionais completan os restantes 400 millóns de euros
Decisións discrecionais e interpretacións unilaterais reducen máis do 10% os recursos da facenda autonómica
A Xunta de Galicia recorrerá ante o Tribunal Constitucional (TC) contra a Lei de Orzamentos do Estado se non se lle transfiren este exercicio os 805 millóns de euros que ten pendentes de traspasar correspondentes ao financiamento autonómico, que o Goberno central está a incumprir.
O Executivo autonómico acordou instar primeiro a Comisión Bilateral co Estado para abordar de maneira negociada esta decisión, aínda que, de ser infrutuosa esta medida, acudirá ante o Tribunal Constitucional para defender os lexítimos intereses da comunidade autónoma.
O Consello da Xunta analizou hoxe un informe da Consellería de Facenda no cal se constata que as decisións discrecionais do Goberno central en materia económica e as interpretacións unilaterais do sistema de financiamento autonómico reducen en máis de 800 millóns de euros este ano os ingresos que debería recibir a Xunta de Galicia.
En concreto, as revisións e regularizacións efectuadas de oficio polo Ministerio de Economía e Facenda no Fondo de Suficiencia provocan un prexuízo de 400 millóns de euros, como consecuencia dunha diminución de 228,8 millóns de euros pola regularización que mantén o statu quo e de 171,6 pola revisión tras o incremento de tipos impositivos do IVE.
Facenda entende que o Ministerio realizou axustes con base en datos provisionais e non definitivos, tal e como esixe a Lei 22/2009, que regula o novo sistema de financiamento autonómico, polo que considera que non procede a súa aplicación.
Ademais, a Xunta cree que é moi lesivo o axuste para garantir o statu quo, cláusula prevista para evitar a perda de recursos ás comunidades autónomas derivada do tránsito do anterior modelo ao novo, que, non entanto, produce para Galicia o efecto contrario á súa finalidade, que é evitar a diminución de recursos.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta