Galicia invertirá 443 millones de euros en mejorar la seguridad de sus carreteras en el periodo 2011-2015

MEDIO AMBIENTE INVESTIRÁ 443 MILLÓNS DE EUROS EN ACTUACIÓNS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA NO PERÍODO 2011- 2015

 Este programa, enmarcado no Plan MOVE, ten como fin reducir a sinistralidade nas estradas, reducindo nun 50% do número de vítimas de accidentes de circulación
 Paralelamente, como complemento ao citado programa, a Xunta está a elaborar na actualidade o Plan de seguridade viaria de Galicia 2011- 2015
 As liñas estratéxicas a implantar dende o Goberno galego son: potenciación da educación e formación viaria, fomento de condutas máis responsables, mellora da seguridade dos vehículos e das infraestruturas e fomento do transporte público
 As actuacións céntranse na eliminación de treitos de concentración de accidentes, adecuación de sistemas de concentración ás necesidades dos motociclistas, construción de sendas peonís, rehabilitación de firme ou optimización de drenaxes

Santiago.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará un investimento de 443 millóns de euros en materia de seguridade viaria para o período 2009- 2015, unha das prioridades do Goberno galego.

Este programa, enmarcado no Plan MOVE, contempla actuacións co obxectivo de reducir a sinistralidade nas estradas, reducindo nun 50% do número de vítimas de accidentes de circulación no horizonte do ano 2013. Para isto, eliminaranse treitos de concentración de accidentes ou adecuaranse os sistemas de concentración ás necesidades dos motociclistas. Tamén se mellorarán as condicións de seguridade da vía a través de accións como o aumento do ancho de plataforma, reforzo do firme, rehabilitación de drenaxes, colocación de sinalización vertical e horizontal ou construción de sendas peonís.

As actuacións de seguridade viaria van implícitas en todas e cada unha das obras que se formulen, dende eixos novos a actuacións de conservación. As actuacións de gran envergadura consisten na duplicación da calzada, mellora de trazado ou construción de variantes. As obras localizadas e melloras de sinalización e balizamento radican en levar a cabo melloras puntuais de trazado, corrección de interseccións e rehabilitacións de menor escala. Trátase de actuacións, concentradas no espazo, de alta rendibilidade pola súa contribución na diminución de accidentes.

No plan MOVE tamén se proxecta a construción de sendas peonís e carrís bicis co fin de integrar nas vías de mobilidade curta a presenza doutro tipo de usuarios diferentes aos vehículos, como son os peóns ou ciclistas.

Paralelamente, como complemento ao citado programa, a Xunta está a elaborar na actualidade o Plan de seguridade viaria de Galicia 2011- 2015. Este plan pretende promover, impulsar e coordinar as estratexias de seguridade viaria coas distintas administracións públicas implicadas na materia. O proxecto tamén permite planificar e desenvolver campañas e medidas de concienciación en prevención de accidentes de tráfico na comunidade galega.

As liñas estratéxicas principais a implantar dende o Goberno galego son: potenciación da educación e formación viaria, fomento de condutas máis responsables, mellora da seguridade dos vehículos e das infraestruturas e fomento do transporte público.

Algunhas das obras, exemplo de actuacións de mellora de seguridade viaria, son as seguintes en execución ou cuxo inicio se prevé proximamente:

ESTRADA TIPO DE ACTUACIÓN CONCELLO
AC-524 (Ordes- Lanzá) Seguridade viaria na travesía de Abellá, Frades Frades
AC-552 (A Coruña- Cee) Mellora de seguridade viaria no treito San Roque de Coristanco, pqs 35 ao 37 Coristanco
AC-566 (Narón- Campo do Hospital) Mellora de seguridade viaria nos pqs 1+150 ao 2+570 Narón
AC-841 (Santiago- Límite Prov. – A Estrada) Mellora de seguridade viaria no treito Castiñeiriño- Os Tilos Santiago
LU-533 (Chantada- Escairón) Mellora de seguridade no entorno dun tramo de concentración de accidentes, pqs 1+770 ao 12+200 Chantada, O Saviñao
LU-120 (Vilalba- Paraxes) Melloras no treito Vilalba- Cruce de Arneiro Vilalba, Cospeito
OU-151 (N-525- Loeda) Mellora de seguridade viaria no treito N-525- Loeda- Piñor
PO-325 (Vigo- A Ramallosa) Mellora de seguridade viaria Vigo, Nigrán
PO-548 (Pontecesures- Vilagarcía) Mellora se seguridade viaria no treito pq 0+000 ao 3+000 Pontecesures, Valga

Un comentario sobre “Galicia invertirá 443 millones de euros en mejorar la seguridad de sus carreteras en el periodo 2011-2015

¿Y tú qué opinas de esto?