Las cofradías de pescadores gallegos rechazan las críticas al primer seguro de responsabilidad civil que tiene el sector

AS FEDERACIÓNS DE CONFRARIAS DE PESCADORES TACHAN DE IRRESPONSABLES AS CRITICAS DE ASOAR-ARMEGA AO SEGURO DE RESPOSABILIDADE CIVIL IMPULSADO POLO SECTOR.-

 Las federaciones de cofradías de pescadores tachan de «irresponsables» e «ignorantes» las críticas de Asoar-Armega al seguro de responsabilidad civil impulsado por el sector

COMUNICADO DE PRENSA DE POLAR SEGUROS

Non se pode máis que definir de “irresponsables” e “ignorantes” a aqueles que se postulan en contra dunha iniciativa que permitirá a implantación dun seguro marítimo galego, impulsado polas entidades máis representativas do sector da pesca de baixura e do marisqueo da nosa Comunidade Autónoma e que dará cobertura a máis de 25.000 traballadores do mar.

Na Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, aprobada polo goberno bipartito, establécese que as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de pesca profesional, marisqueo ou acuicultura terán a obriga de constituir un seguro que garanta a cobertura de posibles danos a terceiros. A Consellería competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura somentes ten como obriga  promover a cultura do seguro no sector, fomentando iniciativas que potencien ou introduzan a subscrición de seguros de produción ou de calquera outra natureza dirixidos á cobertura de continxencias extraordinarias no exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuicola.

 Ata o 30 de setembro de 2010, en Galicia unicamente existía un seguro colectivo de accidentes no mar para os profesionais que traballan no sector pesqueiro fronte a accidentes que puideran sufrir no desenvolvemento da súa actividade, mais cunha cobertura mínima e que en ningún caso cubría aos armadores das embarcacións e que, polo tanto, non responde nin dá solución ás obrigas esixidas na Lei de Pesca de Galicia.

Polar Seguros Marítimos, nace por iniciativa do sector e en absoluto por imposición da Consellería do Mar como se trata de falsear ante a opinión pública por parte dalgunha Asociación que conta cunha mínima representación no sector e supostamente atendendo a intereses políticos. Dende as Federacións  podemos dicir e con voz alta e clara, que Polar Seguros xurde por proposta do sector, xa que foron as Federacións Galega e Provinciais de Confrarías, que representan ao 99% da flota pesqueira de baixura de Galicia, a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) e Remolcanosa as que impulsaron o proxecto.

 Polar Seguros está aberto á participación de calquera Entidade asociativa do sector, e trátase dun instrumento que cubre as necesidades dos profesionais do mar para cumprir coa lexislación vixente na materia, dando cobertura ás embarcacións de baixura e altura, aos seus tripulantes, aos danos por contaminación e calquera dano a terceiros, sendo aspectos que ata o momento non estaban cubertos polo seguro colectivo de accidentes no mar.

Un comentario sobre “Las cofradías de pescadores gallegos rechazan las críticas al primer seguro de responsabilidad civil que tiene el sector

¿Y tú qué opinas de esto?