Toda la flota del Cantábrico reducirá la pesca de bajura para garantizar su sostenibilidad

cajonsecreto.blogspot.com

GALICIA E AS COMUNIDADES DO CANTÁBRICO NOROESTE ENTREGAN AO GOBERNO CENTRAL O PLAN DE XESTIÓN INTEGRAL DA PESCA DE BAIXURA

 Galicia y las comunidades del Cantábrico Noroeste entregan al gobierno central el plan de gestión integral de la pesca de bajura. El documento, elaborado conjuntamente por las comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria y País Vasco, promueve la reducción del esfuerzo pesquero con el fin de garantizar su sostenibilidad en el tiempo

  • O  director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, e os seus homólogos de Asturias, País Vasco e Cantabria entregaron o documento no MARM, que deberá avaliar a o texto
  • O documento, elaborado conxuntamente polas catro comunidades, persegue a reducción do esforzo pesqueiro das frotas que faenan no Cantábrico Noroeste co fin de garantir a sostibilidade da pesquería das especies

 Santiago,  29 de setembro de 2010.- O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, e os seus homólogos de Asturias, País Vasco e Cantabria fixeron entrega do plan integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico Noroeste a Ignacio Gandarias, director xeral de Ordenación Pesquera da Secretaría General del Mar.

O documento ten como obxecto regular de xeito equilibrado e harmónico a actividade das frotas destas catro comunidades, establecendo medidas que contribúan á conservación e recuperación dos recursos pesqueiros.

 O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño comprometeuse a estudar e avaliar este plan, que foi elaborado conxuntamente polas catro comunidades autónomas e presentado ao sector en cada unha delas. O plan inclúe á frota de artes fixas (palangre, volanta, rascos e artes menores) e de cerco que faena no caladoiro do Cantábrico Noroeste.

 Así, segundo recolle o plan, a reducción do esforzo pesqueiro, clave para garantir a sostibilidade destas pesquerías, acometerase mediante paralizacións temporais da actividade pesqueira, de ser o caso, e a definitiva dun número determinado de unidades de pesca.

No caso das artes fixas, as comunidades propoñen unha reducción do arqueo de 15.31 GT (Toneladas de arqueo). Neste caso, as principais capturas obtidas por estas frotas son a xarda, a pescada, o Bonito do Norte, o Polbo e o congro.

Pola súa banda, a xarda, a sardiña e o xurel son as especies máis representativas polas frotas do cerco. O plan recolle unha reducción para a frota do cerco en arqueo de 16.41 GTs.

Paradas temporais e outras medidas

No caso de que algunha das pesquerías necesite unha reducción de esforzo puntual, o documento contempla que cada Comunidade Autónoma poida establecer paradas temporais das frotas con porto base na súa Comunidade, de cara a acadar a sostibilidade destas pesquerías e sempre adaptándose ás esixencias dos Fondos Europeos da Pesca.

 Ademais o plan recolle outras medidas de acompañamento que contribúan á conservación e recuperación dos recursos pesqueiros, como a saída anticipada do sector pesqueiro incluso a través da xubilación anticipada, plans de reciclaxe profesional en áreas distintas da pesca marítima.

O texto propón tamén a compensación non renovable aos pescadores que traballaran a bordo dun buque pesqueiro que se sometera á paralización definitiva ou inversións a bordo co obxectivo de mellora da seguridade, condicións de traballo, hixiene, calidade dos produtos, rendemento enerxético e a selectividade das artes de pesca, sempre sen aumentar a capacidade pesqueira dos buques.

¿Y tú qué opinas de esto?