A XUNTA APROBA DEFINITIVAMENTE A MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 8 DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE CAMBADOS
La Xunta aprueba definitivamente una modificación en las normas urbanísticas subsidiarias del municipio de Cambados, para eliminar contradicciones en la protección del Conjunto Histórico-Artístico
- A modificación ten por finalidade eliminar as contradicións existentes nos ámbitos delimitados como Conxunto Histórico-Artístico establecido no Plan Especial de Protección e o mesmo Conxunto Histórico delimitado nas Normas Subsidiarias Municipais.
- A modificación fundaméntase en razóns de interese público ao ser discordantes dous documentos que regulan o mesmo solo e ao non coincidir as súas delimitacións.
- Non existe incremento da intensidade dos usos, xa que os quinteiros incorporados no Plan Especial seguen tendo a mesma normativa das Normas Subsidiarias Municipais.
Santiago, 20 de setembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, otorgou Aprobación Definitiva a Modificación Puntual nº 8 das Normas Subsidiarias de Cambados.
A Orde de Aprobación Definitiva recolle que a modificación formulada polo Concello de Cambados, redactada polo arquitecto Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez, ten por finalidade eliminar as contradicións existentes nos ámbitos delimitados como Conxunto Histórico-Artístico (publicado no BOP o día 06/03/2000) e o mesmo Conxunto Histórico delimitado nas Normas Subsidiarias Municipais, redactadas ao abeiro da Lei 11/1985, do 22 de agosto (BOP 20/03/1995).
Fundaméntase pois en razóns de interese público, tratándose dunha obriga administrativa, ao ser discordantes dous documentos que regulan o mesmo solo e ao non coincidir as súas delimitacións. Cúmprese en consecuencia, o artigo 94 da LOUG.
Así como o artigo 61 da LOUG, sinalando, dentro dos planos das Normas Subsidiarias, o perímetro do Conxunto Histórico establecido no Plan Especial de Protección que ordena o mesmo Conxunto. Non existe incremento da intensidade dos usos, segundo o indicado no art. 94.3 da LOUG, xa que os quinteiros incorporados no Plan Especial seguen tendo a mesma normativa das Normas Subsidiarias Municipais.
A Modificación Puntual non afecta a terreos cualificados como zonas verdes, nin modifica trazados de rúas, espazos libres públicos ou alineacións.
Antecedentes
O Concello de Cambados dispón actualmente vixentes, de Normas Subsidiarias de Planeamento, aprobadas o 20/07/1994, con texto refundido de 02/07/1995, Normas formuladas ao abeiro da Lei 11/85, Lei de Adaptación da do Solo a Galicia.
A presente Modificación Puntual Nº 8 foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión de 25/06/2009. Non se presentaron alegacións.
Consta informe do 12/03/2009 da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no que se considera que non procede o trámite de Avaliación de Impacto Ambiental.
Constan informes favorables do técnico do Concello (12/03/2009); e do secretario xeral (17/06/2009); aprobación provisional polo Pleno da Corporación (29/04/2010). Ademais dos seguintes informes sectoriais favorables:
- Instituto Galego de Vivenda e Solo, do 24/11/2009.
- “Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino”, de data 15/01/2010.
- Dirección Xeral de Infraestruturas, de data 12/01/2010.
- Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de data 31/03/2010 (logo das correccións indicadas noutro informe anterior do 04/12/2009).
- Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de data 30/04/2010, favorable en materia de Costas.
