Extinguido el fuego forestal del concejo lucense de Quiroga

EXTINGUIDO O LUME FORESTAL REXISTRADO NO CONCELLO LUCENSE DE QUIROGA

  •  Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada por este incendio, é de 35 hectáreas (0,35 quilómetros cadrados)

 

Santiago, 23 de setembro de 2010.- Medio Rural informa de que o incendio rexistrado na parroquia de Pacios da Serra, no concello de Quiroga (Lugo), quedou extinguido ás 20:08 horas da tarde de onte, día 22. O lume iniciouse ás 14:20 horas do martes, 21 de setembro.

 Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada polo lume sitúase en torno ás 35 hectáreas (0,35 quilómetros cadrados), das cales 5 son de superficie rasa e 30 arborada.

 Nos labores de extinción traballaron 1 técnico, 7 axentes forestais, 32 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 15 motobombas, 9 helicópteros, 7 avións e 2 palas. 

 Outros incendios extinguidos

EXTINGUIDOS OS INCENDIOS FORESTAIS REXISTRADOS NOS CONCELLOS DE VIANA DO BOLO (OURENSE) E VALDOVIÑO (A CORUÑA)

 Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada en Viana do Bolo é de 30 hectáreas (0,30 quilómetros cadrados). No caso do concello de Valdoviño e, tras unha nova valoración, a superficie afectada foi de 21 hectáreas (0,21 quilómetros cadrados)

 Medio Rural informó tamén de que os incendios forestais rexistrados nos concellos de Viana do Bolo (Ourense) e Valdoviño (A Coruña) están extinguidos.

 O lume rexistrado na parroquia de Tabazoa de Umoso, no concello ourensán de Viana do Bolo iniciouse ás 15:08 horas da tarde do luns, 20 de setembro, quedando extinguido ás 21:37 horas. Segundo unha nova valoración, a superficie afectada polo lume é de 30 hectáreas (0,30 quilómetros cadrados) rasas.

 Nos labores de extinción traballaron 2 axentes forestais, 10 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 3 motobombas, 6 helicópteros e 1 avión. 

 Valdoviño (A Coruña)

O incendio rexistrado ás 2:00 horas da madrugada do pasado luns, 20 de setembro, na parroquia de Pantín, concello coruñés de Valdoviño, quedou finalmente extinguido ás 16:08 horas da tarde de onte. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 21 hectáreas (0,21 quilómetros cadrados), das cales a gran maioría é de superficie rasa.

 Nas tarefas de extinción traballaron 3 axentes forestais, 7 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 3 motobombas, 3 helicópteros e 1 avión.

¿Y tú qué opinas de esto?