Ecologistas gallegos celebran que “por fin que se haga cumplir” el cupo de visitas a Cíes, tras “años de dejadez” 

VIGO, 24 de agosto de 2017.

Movemento Ecoloxista, que integra a varias organizaciones, ha celebrado este jueves que “por fin se haga cumplir” el cupo diario de visitantes permitidos en la islas Cíes, aunque ha lamentado los “años de dejadez” de la Xunta de Galicia, a la que ha reclamado la aprobación del Plan Rector de Usos y Gestión del Parque Nacional Illas Atlánticas.

Esta plataforma ha remitido un comunicado, firmado por entidades como Adega, A Ría Non se Vende, Salvemos Monteferro, Voces polo Litoral, Verdegaia, FEG y APDR, en el que han advertido de que la demora en la aprobación del Plan Rector y la “manifiesta irresponsabilidad” de ciertas navieras “comprometen” la preservación de este espacio natural.

“Únicamente se impusieron algunas sanciones que, por su escasa cuantía, compensan a las navieras, comparadas con los enormes ingresos que se derivan de sobrepasar el tope diario de visitantes”, han denunciado, y han añadido que “la responsabilidad no es únicamente de las navieras”, sino también de las autoridades por la “dejadez con la que vienen actuando año tras año”.

Movemento Ecoloxista ha recordado que ya en 2014 denunció ante el patronato del Parque Nacional que se estaba sobrepasando el cupo y, entonces, la dirección del organismo “le quitó importancia, negando ningún tipo de exceso de cupo”. Asimismo, ha incidido, desde 2011 se han presentado unas 120 denuncias contra las navieras por superar el límite de viajeros, sin que las sanciones impuestas hubieran superado los 12.000 euros.

“TIBIEZA” Y “OBSESIÓN” POR AUMENTAR VISITAS

Al problema del exceso de visitantes se suma, ha añadido, la “tibieza” de la dirección del Parque a la hora de sancionar actividades no permitidas, como la entrada en zonas de reserva, la pesca deportiva y otras infracciones. Por todo ello, ha instado al gobierno gallego a que adopte medidas para corregir esta situación. Finalmente, han criticado la “obsesión” de la Xunta, en concreto de la conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, por “querer tener cada vez más visitas anuales”, sin hacer un estudio riguroso de la capacidad de carga de ese espacio natural.

Origen: Ecologistas celebran que “por fin que se haga cumplir” el cupo de visitas a Cíes, tras “años de dejadez” – 20minutos.es

COMUNICADO.- Despois de anos de deixadez por parte da Administración, o Movemento Ecoloxista celebra que, por fin, se faga cumprir o cupo de visitantes diarios ás illas Cíes 

A demora de 14 anos en aprobar un PRUX por parte da administración e a manifesta irresponsabilidade de certas empresas navieiras, comprometen a conservación deste espazo natural e poñen en perigo a seguridade dos visitantes

A polémica das últimas semanas polo turismno desordenado nas Cíes pon de manifesto o que dende o ecoloxismo levamos anos denunciando: que a normativa de cupos de visitantes para as illas Cíes é incumprida de maneira sistemática por certas navieiras, sen que ata o momento se tomase ningunha medida seria de cara a atallar este problema por parte das autoridades competentes. Unicamente se impuxeron algunhas sancións que, pola súa escasa contía, compensan ás navieiras, comparadas cos enormes ingresos que se derivan de sobrepasar o tope diario de visitantes.

Alegrámonos de que por fin o problema saia á luz pública e se comecen a tomar medidas adicionais para impedir os incumprimentos. Mais a responsabilidade desta situación non é unicamente desas navieiras, ás que parece que non lles importa matar a galiña dos ovos de ouro que para elas representa o Parque Nacional, senón tamén das autoridades, polo desleixo co que veñen actuando ano tras ano respecto a este tema.

Proba delo é a queixa realizada o 23 de outubro de 2014 no seo do Padroado do Parque Nacional por un dos dous representantes do Movemento Ecoloxista neste organismo na que se sinalou que a media de visitantes ás illas Cíes durante o mes de agosto de 2013 era de 2.708 persoas feito que constataba o exceso de cupo rexistrado durante algúns días dese periodo no arquipélago. O Director-Conservador do Parque Nacional, José Antonio Fernández Bouzas, sacoulle importancia a este dato negando ningún tipo de exceso de cupo.

Ademais, dende 2011 lévanse presentado arredor de 120 denuncias ás navieiras por exceso de cupo e ningunha superou a contía de 12.000 euros. Coa lei na man poderíanse ter imposto sancións de ata 200.000 euros e incluso unha retirada temporal da concesión. Esto está en sintonía coa tibieza do Parque Nacional á hora de sancionar actividades non permitidas ou ilegais tais como a entrada en zonas de reserva, a pesca deportiva en augas do espazo protexido,… actividades que sempre levan un aviso antes de impor unha multa. Esto acarrea a relaxación xeralizada no cumprimento da normativa vixente no Parque Nacional.

Xa o 11 de febreiro de 2016, a actual Conselleira de Medio Ambiente e Ordeación do Territorio, Beatriz Mato, efectuaba as seguintes declaracións: “O reto para 2016 é superar a barreira dos 400.000 visitantes ó Parque Nacional” que lonxe de parecer realizadas pola conselleira de Medio Ambiente e Ordeación do Territorio semellan ter sido efectuadas por algunha persoa vencellada á Consellaría de Turismo. Ese día non se plantexou ningunha iniciativa rigurosa de estudo da capacidade de carga do espazo natural senón que se voltou manifestar a obsesión por ter cada vez máis visitantes anuais.

A riqueza do Parque Nacional é sobradamente coñecida mesmo a nivel internacional, polo que os esforzos ir máis encamiñados á conservación dos seus ecosistemas que a presentar ás illas exclusivamente como como destino turístico. A principal finalidade dun Parque Nacional é a conservación dos seus valores naturais fráxiles ou singulares, e a ela deben supeditarse todas as medidas de xestión.

Unha das causas da masificación das illas está na liberalización do transporte marítimo e no mal funcionamento do actual sistema centralizado de control das vendas. Algunhas das varias navieiras xurdidas vendían billetes de xeito descontrolado, chegando nos momentos máis álxidos da tempada turística a dobrar o número permitido. Cun control estrito que impida a venta fóra do circuíto legal -algo que debería ser moi sinxelo co actual desenvolvemento tecnolóxico- non se deberían producir episodios como o do pasado domingo, en que centos de persoas foron obrigadas a voltar a terra por ter excedido o cupo.

Dende o Movemento Ecoloxista instamos á Administración a que garanta un control máis rigoroso do número de billetes vendidos, un control realmente efectivo que impida vender máis do número estipulado cada día, número que xa de por si nos parece excesivamente alto para garantir a conservación dos hábitats naturais, e que en calquera caso, nunca foi obxecto de ningún estudo rigoroso de capacidade de carga.

Vemos positivo aínda que demasiado tardío o aparente cambio de rumo iniciado pola Dirección do Parque Nacional, cuxas denuncias reiteradas na última semana, así como as realizadas por persoas anónimas a través das redes sociais, foron as que permitiron que se tivese coñecemento pola poboación en xeral do que está pasando no arquipélago.

Porén, cómpre adoptar máis medidas de cara a garantir a conservación deste valioso espazo natural como se vén a denunciar dende o ecoloxismo nos últimos anos.

A primeira delas é a aprobación do Plano Reitor de Uso e Xestión. O Movemento Ecoloxista leva máis dunha década solicitando, tanto á Dirección do Parque Nacional como á Consellaría de Medio Ambiente e Ordeación do Territorio que se cumpra a Disposición Adicional Segunda da Lei 15/2002, de 1 de xullo pola que se declara o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que di: “No prazo dun ano elaborarase o plano reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Nacional”. Deste xeito, o PRUX tiña que ter sido aprobado o día 3 de xullo de 2003. Malia as insistentes peticións dos últimos anos do Movemento Ecoloxista, nin a Dirección do Parque Nacional nin a Consellaría chegaron a aprobar este valioso documento. Polo tanto, a regulación das actividades que se levan a cabo neste espazo protexido -ao carecer deste documento- realízase sen a planificación axeitada e incumprindo a lei de declaración do Parque. Só a neglixencia máis absoluta pode explicar que a estas alturas aínda careza dun plano que regule a súa xestión. 

Outra eiva que cómpre mellorar é o aumento da dotación de persoal que efectúa labores de vixilancia e información durante o verán. En non poucas ocasións tan só hai unha guía para as 3.000 persoas que visitan o arquipélago de Cíes durante os meses de xullo e agosto.

Ademais, existe unha clara falla de investimentos en conservación, especialmente no control de flora exótica invasora, e unha falla de estudos e actuacións para frear o declive de especies ameazadas como o corvo mariño cristado que pese a ser o emblema do Parque Nacional, rexistrou nos últimos anos un grande declive poboacional no espazo protexido.

Agardamos que o ocorrido nos últimos días sexa o inicio dun cambio de rumo por parte da administración cara a unha protección efectiva duns ecosistemas para os que a presión turística excesiva -que vimos denunciando reiteradamente-, pode supoñer un risco fatal.

 

Para máis información: Diego Rodríguez (670 784 919), representante do Movemento Ecoloxista no Padroado do Parque Nacional

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s