Lavacolla chamarase Rosalí­a de Castro, que tamén terá un avión coa súa imaxe | Noticias de Galicia | CRTVG

A compañía Norwegian presentou este mércores o sexto dos seus avións dedicado a un personaxe da historia e as artes de España, neste caso a escritora e matriarca das letras galegas Rosalía de Castro.

Con ela, segundo informa a compañía, xa son seis as figuras da historia e literatura españolas que adornan os avións de Norwegian. En concreto, trátase dos navegantes Cristóbal Colón e Juan Sebastián Elcano, os autores Miguel de Cervantes e Gloria Fuertes, e a sufraxista Clara Campoamor.

O avión que levará a figura de Rosalía de Castro será un novo Boeing 737-800, de 186 prazas. A montaxe da imaxe da autora galega, que “se xerou durante meses”, segundo informa a compañía aérea, levarase a cabo no hangar de Norwegian en Oslo durante o próximo mes de marzo.

 

AEROPORTO ROSALÍA DE CASTRO
A noticia tamén chega á vez de que o ministerio de fomento confirmase que o nome da escritora de Padrón estaría incluído no nome do aeroporto da capital do país. O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, anunciou este martes que iniciará os trámites para engadir o nome Rosalía de Castro ao aeroporto de Santiago de Compostela, tal e como lle solicitara o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na reunión que mantiveron na sede ministerial de Madrid, despois de que o pleno de Santiago aprobase a petición.

O cambio de nome conta co consenso dos partidos políticos en Galicia e, en concreto, do Concello de Santiago onde goberna Compostela Aberta, a proposta da cal finalmente frutificou nunha declaración institucional que apoiaron todas as formacións políticas da corporación municipal.

“Parécenos moi razoable”, afirmou De la Serna ante Feijóo na rolda de prensa posterior ao encontro que ambos os dous mantiveron, ao respecto do que precisou que, se prospera esta iniciativa, o aeroporto de Lavacolla pasaría a denominarse “Santiago-Rosalía de Castro, en homenaxe á célebre poeta.

Origen: Lavacolla chamarase Rosalía de Castro, que tamén terá un avión coa súa imaxe | Noticias de Galicia | CRTVG

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s