A Xunta convoca 100 bolsas para especializar a novos titulados que colaborarán en proxectos de mellora competitiva en empresas

Avatar de empregoviveiroEmprego Viveiro

As bolsas do programa ReAcciona, que publicou o 16 de xuño no DOG, ofrecerán aos beneficiarios formación previa especializada antes e despois do período de prácticas, dun ano de duración. Os bolseiros colaborarán na implantación de varios proxectos de mellora, sempre baixo a coordinación do Igape, en diferentes empresas. O programa busca facilitar a inserción laboral dos novos titulados e está dirixido a universitarios galegos que obtivesen a súa titulación no período 2010-2015. O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes, e a incorporación dos seleccionados, por concorrencia competitiva, comezará despois do verán. Esta iniciativa enmárcase no programa ReAcciona da Xunta para facilitar ás pemes galegas aumentar a súa capacidade competitiva e a súa adaptación cara á Industria 4.0, tal e como se establece na Axenda da Competitividade.

Santiago, 16 de xuño de 2016.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, publica hoxe no

Ver la entrada original 276 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?