O sector de ambulancias, en loita por un convenio digno

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

Traballadores e traballadoras do sector de ambulancias das empresas concesionarias que operan en Galiza percorreron este martes as rúas de Compostela con bombos, petardos e megáfonos para proclamar, a viva voz, “Ambulancias en loita por un convenio digno”. A mobilización nacional, convocada pola FGAMT-CIG, vén precedida por múltiples concentracións e manifestacións en denuncia dos constantes incumprimentos do convenio vixente até o de agora.
16-06-14 ambulancias 002

Galería de imaxes

Ao inicio da manifestación, que partiu contra as 11:30 horas da Praza Roxa de Compostela, o representante da FGAMT de Compostela, Inácio Pavón, denunciou que a patronal tenparalizado o convenio desde hai dous meses, despois de varias reunións nas que non se acadou ningún acordo.

Pavón denunciou a complicidade da Xunta de Galiza xa que “esta situación é coñecida tanto pola consellaría de Sanidade como pola Fundación de Emerxencias Sanitarias 061”, máis logo de ter denunciado o “esperpento” da licitación do 061 e…

Ver la entrada original 246 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?