DELEGACION DE FIRMA NOS REXISTROS CIVIS.
1 sentencia estimatoria do Tribunal Supremo.
Mais dunha ducia de sentezas firmes estimatorias en Galicia ganadas por SPJ USO.
E en Pontevedra….
3 Funcionarios de Xustiza en idéntica situación.
3 demandas turnadas a dous Xulgados diferentes.
2 Sentencias contradictorias de 2 Xulgados do Contencioso distintos, 1 estimatoria e 2 desestimatorias. Todas FIRMES.
UNHA CRUDA E INXUSTA REALIDADE, CANDO MENOS SORPRENDENTE
A INXUSTIZA DA XUSTIZA
“PONTEVEDRA is different”; Seguiremos loitando. . . Nas últimas datas a laboura sindical do noso sindicato na defensa dos intereses do colectivo dos traballadores da xustiza ven de sufrir unha grande inxustiza e un forte, inxusto e incongruente revés; neste caso na cidade do Lérez.
E non por traballar neste mundo e estar acostumados as decisións xudiciais contradictorias imos deixar de denuncialo públicamente e de loitar polo que lexítimamente nos corresponde.
Pois ben, SPJ-USO, como ben sabedes é un SINDICATO PIONEIRO NA RECLAMACIÓN XUDICIAL DOS DEREITOS ROUBADOS Ó NOSO COLECTIVO, e seguirá exercitando as accións xudiciais que consideremos pertinentes por toda Galicia que nos permitan, ben recuperar os dereitos roubados no nome da malchamada crise, ben conseguir novos dereitos e retribucións.
Así acudimos á vía xudicial pola extra do 2012, polo CAT, polos canosos, polo punto dos xestores dos xulgados de Paz, polos inxustos descontos das baixas (recordámosvos que loitamos xudicialmente contra o Decreto das I.T. (incapacidades temporais) ata que o TSX de Galicia nos chegou a impoñer nada menos que 1.500 euros de custas nunha decisión sin nome, e ben, nuns casos tivemos mais éxito e noutros menos, pero deixamos claro á administración que estamos alerta ante calquer atropelo que intenten facer ó noso colectivo e non baixamos os brazos.
Pois neste caso que nos ocupa acudimos á via xudicial na defensa dos compañeiros con firma delegada nos Rexistros Civís, obtendo o dereito a percibir 4 puntos mensuais pola devandita responsabilidade. A dia de hoxe temos mais dunha ducia de sentenzas estimatorias en tódalas provincias galegas, xa firmes, coas que os devanditos compañeiros xa cobraron os atrasos correspondentes e regularizóuselles a nómina para que sigan percibindo mes a mes as cantidades recoñecidas (uns 105 euros mensuais). Estas sentenzas están apoiadas nada menos que nunha sentenza do Tribunal Supremo. E mantemos outras demandas sobre o caso, tendo en conta que a Xunta négase a abonalo sen previa sentenza (coma sempre sen importarlle en moitos casos pagar custas cos nosos impostos). Dicir neste caso que a Xunta leva pagado e ten pendiente de pagar mais de 100.000 € en custas polos procedementos ganados por este sindicato, e dalles igual, xa o denunciamos outra vez, os cartos non son seus por iso non lle doen….
Pois ben, no caso que nos ocupa, previa a correspondiente reclamación administrativa que na maior parte dos casos a Dirección Xeral de Xustiza non se digna nin a contestar para así ganar tempo, presentamos alá por marzo de 2015, tres demandas idénticas en nome de tres compañeiras (M.D.F.M., B.A.F e M.J.A.A.). A única diferencia entre as tres é que unha delas xa non ten o seu destino no Rexistro Civil, polo cal únicamente reclamamos os atrasos, non reclamando a actualización mensual da nómina.
Unha das demandas foi turnada a un Xulgado do Contencioso de Pontevedra, que seguindo a xurisprudencia do Tribunal Supremo e o criterio das ducias de sentenzas dictadas por outros xulgados do contencioso, estimou a nosa reclamación xa en data 15-xullo-2015, e por suposto a día de hoxe a compañeira xa cobrou as cantidades acordadas en sentenza firme. As outras duas demandas foron turnadas a outro xulgado diferente de Pontevedra, que tras sinalar a vista uns 8 meses mais tarde que a anterior, ditou en data 14-marzo-2016 duas sentenzas desestimatorias contra todo pronóstico, baseándose nunha sentenza do TSX de Galicia, e contra o criterio do Tribunal Supremo.
Damos por suposto que a independencia xudicial é un dos pilares do noso sistema, pero non entendemos ás veces o interés de determinados xuices en favorecer á administración perxudicando neste caso ós compañeiros que día a día sacamos adiante, co noso esforzo, o traballo dos Xulgados. Sabemos que para algúns xuices, nós, os funcionarios, non somos compañeiros de traballo, eles para nos sí o son, aínda que inxustamente tamén, cando eles teñen unha gripe, a eles non lle diminuen as súas retribucións, e a nós no mesmo caso sí (ata nun 50 % os primeiros días de baixa), outra inxustiza da xustiza avalada neste caso polos xuices do noso TSXG.
Pois ben, estas sentenzas, por ser de cuantía indeterminada inferior ós 30.000 euros segundo estimou a Xuiz, son firmes e contra as mesmas non cabe recurso ordinario algún, pero dende o sindicato SPJ-USO non nos rendiremos e seguiremos loitando polos vosos dereitos neste e en tódolos casos, lle pese a quen lle pese.
Así seguiremos acudindo á vía xudicial cando o consideremos conveniente, e seguiremos loitando porque a Administración recoñeza dunha vez por todas este dereito a TÓDOLOS COMPAÑEIROS COA FIRMA DELEGADA NOS REXISTROS CIVÍS, dando así cumprimento ó recoñedido polo Tribunal Supremo, o cal seguiremos reivindicando alto e claro en tódalas mesas sectoriais de Xustiza e demais instancias que procedan.
Tamén dicirvos que o noso TSXG, resolvendo unha apelación dunha sentenza dun Xulgado de Lugo, nun alarde interpretativo, tira por terra unha sentenza do Tribunal Supremo dun plumazo, interpretando de forma totalmente distinta do noso alto tribunal, que sí resolveu en favor dos funcionarios, os que realizan as funcións delegadas no Rexistro Civil, asumindo polo tanto mais traballo e mais responsabilidade, cousa que non pensa o TSXG. Curioso cando menos. E como non cabe casación, somentes cabe en interese de Lei e interposto polo Ministerio Fiscal, non podemos facer nada, a non ser que un fiscal interpoña ese recurso e o TS revoque a sentenza do TSXG. Non sei se se dará o caso pero ímolo tentar.
Faremos todo o posible para que esa sentenza que vai en contra da xurisprudencia do TS sexa revocada. Por outra banda, despois de máis dunha vintena de sentenzas estimatorias, reclamando un punto polo desempeño das secretarías de xulgados de Paz, e de dúas Sentenzas do TSX de Galicia, confirmando tamén dúas sentenzas polo mesmo, un mesmo xuíz de Coruña desestimou dúas demandas de dous compañeiros en idéntica situación, unha en Coruña e outra en Santiago, onde estaba en prórroga de xurisdición, indo a contracorrente de todo e de todos, sorprendente tamén. Outra inxustiza da nosa xustiza. Ah¡¡¡