MÁIS DE 2.500 OPOSITORES DA XUNTA DE GALICIA REALIZARÁN O PRIMEIRO EXAME ENTRE O 27 DE MAIO E O 11 DE XUÑO

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

  • A Consellería de Facenda comunicou hoxe as datas de celebración dos exames, que varían en función da categoría
  • A proba máis numerosa é a de promoción interna ao corpo administrativo, con máis de 1.100 aspirantes, que terá lugar no recinto feiral de Silleda
  • O resto de probas celebraranse en Santiago

 

Santiago, 14 de abril de 2016.- Máis de 2.500 persoas que preparan oposicións á Xunta de Galicia realizarán o primeiro exame entre o 27 de maio e o 11 de xuño. A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública, comunicou hoxe as datas de celebración das probas, que varían en función do proceso selectivo e ás cales hai un total de 2.568 persoas admitidas.

Do total de aspirantes, 2.012 opositores aspiran a unha praza a través do proceso de promoción interna. Esta é unha oposición restrinxida a funcionarios, que lles permite acceder a un posto…

Ver la entrada original 270 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?