Esta actuación permitirá conectar o paseo marítimo existente ata o Parador co carril bici Baiona– A Guarda - O contrato foi adxudicado á empresa Construcións Taboada e Ramos, SL
- Nas vindeiras semanas asinarase o contrato e realizaranse as tarefas preparatorias e o replanteo das obras, que se iniciarán a principios deste verán
Santiago, 22 de maio de 2015.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a prolongación ata o Parador de Baiona do carril bici existente na PO-552 dende a Guarda ata as proximidades desta vila pontevedresa.
As obras foron adxudicadas á empresa Construcións Taboada e Ramos, SL por máis de 170.000 euros (174.603,00 €). As tarefas preparatorias e de replanteo dos traballos realizaranse nas vindeiras semanas, unha vez sexa asinado o contrato de obras, o que permitirá o inicio efectivo das mesmas a principios…
Ver la entrada original 585 palabras más