SIN DATOS
SANIDAD COMPOSTELANA
PARA EL VERANO
NOTA DE PRENSA
A CIG-Saúde da comarca de Compostela, advirte que a día de hoxe a Xerencia, manten unhan ocultación dos datos de peches de camas nos meses de veran, incumprindo a lexislación vixente, pois a Cig hai 15 días que solictou por escrito esa información e seguimos sen resposta.
Dende CIG-Saúde entendemos que isto agocha unha reducción máis elevada que os anteriores anos. E vemos con preocupación que este tipo de medidas, no fondo agochan un intento de aforrar recursos públicos, a costa de reducir as prestacións sanitarias, pois o certo é que esta área sanitaria xa ten pechada unha Unidade de 43 camas de Medicina Interna do Hospital Gil Casares, reducindo así as posibilidades de ingreso e recortando as prestacións sanitarias
Unha actitude oscurantista desta Xerencia por ocultar a realidade ata despois das eleccións municipais.
Xa que o peche de camas lastra a posibilidade de axilizar e incrementar a actividade cirúrxica nos meses de veran, debilitan a resposta do hospital ás demandas das persoas e lonxe de apostar por afrontar os problemas: listas de espera, peche de quirófano, esperar no servizo de urxencias,… Decisións que agravan a situación, xa que supostamente os peches dos quirófanos nas quendas de mañan e tarde fan que aumenten as listas de espera.
Como CIG-Saúde denunciamos que o malestar non é só da nosa O.S, senon dos e das profesionais que traballan na área sanitaria de Santiago de Compostela, xa que a día de hoxe non saben as quendas de traballo para poder facer conciliación de vida familiar,etc., senón que preocupa a toda a cidadanía ante o deterioro da sanidade pública galega.
A realidade é preocupante, agrávase pola falta de contratación, a decisión de non substituir baixas, …supón pechar axendas e polo tanto, non dar citas ao menos que sexan urxencias.
Compostela, 22 de maio de 2015
Asinado.- Lourdes García Romero Xosé Manuel Marcote Baña
