– A Xunta deu conta cunha nota de prensa o pasado 30 de marzo das entidades locais beneficiarias, entre as que non figuraba a Deputación
– A Vicepresidenta lamentou que “á vista dos antecedentes da Xunta con esta provincia, temos que interpretar que a Deputación quedou un ano máis excluída desta programación de fomento do emprego”
– O organismo lugués solicitara 5 accións formativas e 2 obradoiros, un dos cales poría en marcha o proxecto de rehabilitación do mirador de Mondoñedo para convertilo en albergue
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, avanzou hoxe que a Deputación de Lugo aínda non recibiu resposta por parte da Xunta de Galicia á súa solicitude de programacións autonómicas da Consellería de Traballo. O organismo lugués solicitara, o pasado mes de febreiro, un total de 7 programacións -2 obradoiros e 5 accións formativas-, que facilitarían a inserción laboral de máis de 100 lucenses.
A Xunta de…
Ver la entrada original 295 palabras más