A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA DETECTOU EN 2014 181 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA NON DECLARADA, UN 20% MÁIS QUE NO 2013

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

  • A ATRIGA realizou o pasado ano case 260.000 revisións de autoliquidacións dos principais impostos, un 13% máis que o ano anterior
  • O 87% das revisións de autoliquidacións comprobadas eran correctas e non precisaron modificacións

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) detectou o pasado ano 181 millóns de euros de débeda non declarada, o que supón un incremento do 20,6% respecto ao ano 2013. Así o reflicte un informe sobre as actuacións de control deste organismo presentado hoxe no Consello da Xunta polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

O informe pon de manifesto que a ATRIGA –que empezou a funcionar en xaneiro de 2013- realizou no pasado exercicio un total de 259.588 comprobacións de autoliquidacións no eido do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e do Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD), un 13% máis que no 2013, é dicir, 29.701 comprobacións máis. Ambos impostos concentran a maior…

Ver la entrada original 230 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?