As propostas poderán presentarse dende hoxe ata o vindeiro 6 de abril
Co 30 % de bonificación venderanse ata 100.000 metros cadrados no conxunto dos catro parques empresariais, propiedade de Xestur
- En abril o IGVS convocará concurso público para a venda de solo nos parques da súa propiedade, con bonificacións de ata o 50 % e unha oferta de preto de 470.000 metros
Santiago, 6 marzo de 2015.- A empresa pública Xestur aplicará bonificacións do 30 % nas parcelas dos parques empresariais de A Veigadaña (Mos), A Reigosa (Ponte Caldelas), Morás (Arteixo) e A Sionlla (Santiago de Compostela), segundo establece o concurso público de venda convocado hoxe e no que se poderán presentar ofertas ata o próximo seis de abril.
As bonificacións do 30 % aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso convocado no pasado mes de xaneiro, en que neste parques a bonificación aplicada foi do 15…
Ver la entrada original 223 palabras más