A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca)
Mato destacou que o Goberno galego reforzará o próximo ano o fomento das cooperativas entre os máis mozos destinando a este eido máis dun millón de euros no marco do YEI
Salientou que a Xunta xa ten iniciada a tramitación do anteproxecto de Lei de Economía Social, que inclúe a creación do Consello da Economía Social de Galicia e o regulamento da figura da cooperativa xuvenil, entre outras medidas
A titular de Traballo anunciou que a Xunta comezará a elaborar o próximo ano un Plan Estratéxico de Cooperativismo
Ver la entrada original 515 palabras más
