Galiza rexistrou un total de 1.990 accidentes laborais no mes de setembro

Avatar de empregoviveiroEmprego Viveiro

Do total dos accidentes, 1.941 foron accidentes leves, 45 graves e 4 mortais

O comportamento dos sectores non foi uniforme: diminuíron os accidentes na industria nun 2,19%, mantivéronse na pesca en 86 accidentes e aumentaron nos demais sectores

Santiago, 26 de outubro de 2014.- O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en setembro de 2014 aumentou un 2,26%. Neste mes rexistráronse 1.990 accidentes fronte aos 1.946 accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior.

Do total dos accidentes, 1.941 foron accidentes leves, 45 graves e 4 mortais.

O comportamento dos sectores non foi uniforme: diminuíron os accidentes na industria nun 2,19%, mantivéronse na pesca en 86 accidentes e aumentaron nos demais sectores. Os accidentes aumentaron na agricultura, nun 0,81%; nos servizos, nun 3,58%; e na construción, nun 8,82%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o…

Ver la entrada original 141 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?