Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros).
As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria na que cada día vivimos máis persoas alporízannos, e moito. Mentres eles enchen titulares falando das bondades da súa merda de política social nós padecemos os seus plans de inclusión, de emprego, de vivenda… que lonxe de eliminar a desigualdade e a inxustiza, perpetúan a pobreza ao mesmo tempo que fan medrar os privilexios -e contas bancarias- dunha minoría.
O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor a nova lei de RISGA, que lonxe de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas engadiu máis problemas para todas as partes implicadas:…
Ver la entrada original 227 palabras más