No renomeado «Día contra a Riqueza» lanzamos a campaña galega: “Da RISGA á RBis”

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

17_10_dia_riqueza_risga_rbis_0Volvemos ás rúas para celebrar o 17 de outubro, data que renomeamos o ano pasado como «Día contra a riqueza». A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes deBaladre aproveitamos este día para denunciar, unha vez máis, que o capitalismo é o responsable da desigualdade, da inxustiza, da pobreza… que padecemos cada día máis persoas.

Nada mellor que aproveitar o «Día contra a riqueza» para lanzar a campaña galega: “Da RISGA á RBis” cos colectivos antes nomeados. Con dita campaña queremos, ademais de visualizar a desfeita que é a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) en termos de transformación social e de loita contra o empobrecemento, defender a necesidade de superar estes modelos asistenciais e loitar pola Renda Básica das iguais (RBis). Definimos a RBis como o dereito de toda persoa…

Ver la entrada original 66 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?