O Goberno galego trasladoulle hoxe á Fegamp que manterá estable este importe, ao igual que o Fondo de Compensación Ambiental
- As entidades locais de Galicia terán recibido un financiamento adicional de 21 millóns de euros dende o inicio da actual lexislatura
- A Xunta condonará o 50% da débeda pendente co Consorcio do Benestar a aqueles concellos que asinen novos convenios coa Axencia de Servizos Sociais.
- .- A Xunta de Galicia trasladoulle hoxe á directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que nos Orzamentos para 2015 manterase estable o Fondo de Cooperación Local (FCL), cunha dotación presupostaria de 113 millóns de euros.
O vicepresidente do Goberno galego e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a conselleira de Facenda, Elena Muñoz; e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, mantiveron un encontro cunha representación da FEGAMP, encabezada polo seu presidente, José Manuel Rey Varela.
Os representantes da Xunta…
Ver la entrada original 291 palabras más