Mañán, coma todos os segundos sábados de cada mes haberá unha nova edición do rastro Portovello.
O Rastro Portovello é un mercado de segunda man e artesanía que ten lugar nas rúas do casco vello de Vigo os segundos sábados de cada mes (Triunfo, Joaquín Yáñez, Palma, Oliva,Praza da Igrexa, Praza da Pedra, Praza dos Descubrimentos).
Nel podense atopar roupa e zapatos de segunda man, libros, vinilos, obxectos de decoración, así como artesanía, cosmética natural, instrumentos musicáis, cadros, fotografías e outras curiosidades…
Asímesmo recordamos que tamén estamos inmersos no Concurso de Tapas Vigovello ata o 2 de Novembro (achegamos cartel e díptico)

