O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausurou hoxe en Santiago as Xornadas sobre Cultura Emprendedora e Emprego Xuvenil
Este evento está organizado por un grupo informal de recén graduados de varias facultades da USC, grazas ao programa Iniciativa Xove
Santiago, 25 de setembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar está a traballar na redacción dunha orde, pioneira en toda España, para o recoñecemento e e homologación das competencias adquiridas polos mozos e mozas a través de programas de educación non formal. Esta nova normativa permitirá a expedición de certificados oficiais aos participantes en programas xuvenís, o que permitirá mellorar as posibilidades de emprego mediante a achega ao currículo das competencias adquiridas.
Así o adiantou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na clausura das Xornadas sobre Cultura Emprendedora e Emprego Xuvenil, unha iniciativa organizada por un grupo informal de recén…
Ver la entrada original 255 palabras más