Nestes días, os técnicos están a comprobar que a instalación funciona correctamente, antes de entregalas ao concello
A realización destas actuacións hidráulicas mellorarán a calidade de vida dos habitantes da parroquia de Vilar
Santiago, 15 de setembro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar as obras de abastecemento na parroquia de Vilar, no Concello de Crecente. Augas de Galicia levou a cabo estas obras de urxencia para garantir o abastecemento a esta parroquia deste concello pontevedrés. Neste día, os técnicos están a verificar que a instalación funciona con corrección e normalidade, antes de entregala á Administración local.
As obras levadas a cabo consistiron na execución dun pozo de auga cun bombeo a un depósito intermedio, ao tempo que se mellorou o bombeo existente e que impulsa a auga ata o principal. Con esta actuación, que implicou un investimento de case 60.000 euros…
Ver la entrada original 24 palabras más