Esta proba reunirá a 275 corredores que percorrerán case 19 quilómetros
A proba conta tamén coa colaboración co concello de Bueu e o Clube de Atletismo Corredoira
A saída tomarase ás 11.30 horas da mañá e dende o peirao, posteriormente, enfilarán cara o sur da illa en dirección ao Burato do Inferno, onde se virará para recorrer a parte exterior da illa en dirección norte
De maneira paralela á carreira, organízase unha camiñata para percorrer a illa, que sairá media hora antes e que será o marco para un concurso fotográfico
Con esta proba tamén quere sensibilizar aos corredores do valor ecolóxico do espazo no que se desenvolve a carreira e penalizarase aos corredores que arroxen á contorna os envases dos xeles e produtos enerxéticos
Santiago, 16 de maio de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración co Concello pontevedrés de Bueu…
Ver la entrada original 411 palabras más