A clase traballadora galega tomou as rúas o 1º de Maio para rexeitar a Unión Europea da explotación e da pobreza
O secretario xeral da CIG, que estivo na marcha de Vigo, incidiu na necesidade de conquistar un novo modelo económico e social xusto e solidario
VIGO/1-05-2014
Milleiros e milleiros de persoas botáronse ás rúas de Galiza convocadas pola CIG para conmemorar un ano máis o 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, e rexeitar as políticas da Unión Europea que só xeran explotación e pobreza. O secretario xeral da CIG, que participou en Vigo na manifestación máis concorrida do país, incidiu na necesidade de conquistar un novo modelo económico e social xusto e solidario.
Os traballadores/as galegos/as non faltaron á súa cita cunha das datas máis importantes para a clase traballadora mundial, símbolo da loita histórica e continuada de todos/as os traballadores/as por mellorar as súas condicións de…
Ver la entrada original 661 palabras más