Os recortes en prestacións, servizos, persoal, privatizacións e copagos, a ausencia de negociación cos sectores afectados e o deterioro na sanidade pública que isto ten provocado leva ás organizacións sindicais CCOO, CESM-OMEGA, CIG, CSI-F, SAE e UGT a convocar para o vindeiro mércores día 26 de marzo manifestacións e concentracións, máis unha vez, en todas as áreas sanitarias de Galiza.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo fai un chamamento ao conxunto da cidadanía, que será a gran prexudicada por estas medidas, a que participe na manifestación que sairá ás 20 horas desde o Hospital Xeral.
Por unha Sanidade Pública Universal e Gratuíta.
A Sanidade Pública non está en venda! Deféndea!
MANIFESTACIÓN
MÉRCORES 26 DE MARZO, ÁS 20 HORAS
DESDE O HOSPITAL XERAL